Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

sábado, 29 de enero de 2011

Novo horario de esplacnoloxía (Anato II)

Debido a incompatibilidades horarias o horario de Anato II queda suprimido á 1:30 de luns a xoves, para ser sustituido polas seguintes horas:
- Luns de 4:30 a 5:30 (houbo xente que se preocupaba por hidroloxía, pero esta é de 6:30 a 8:30 da tarde)
- Xoves de 8:30 a 10:30 da mañá.

A aula aínda está por asegurar. Van os grupos 2 e 3 xuntos.

Se hai incompatibilidade, o grupo 1 vai o martes de 4:30 a 5:30 e o venres de 8:30 a 10:30.

viernes, 14 de enero de 2011

Aviso de ALEM


Boas

Como moitos de vós sabedes, a ALEM está a traballar apoiándose nos estatutos que foron aprobados pola asemblea cando moitos de nós comezamos a traballar na mesma, pero que por unha mestura de motivos administrativos e económicos estes estatutos aínda non puideron ser rexistrados na Xunta de Galicia nin para constar a todos os efectos como unha agrupación estudantil.

Desde que se aprobaron os vixentes estatutos ata agora pasou bastante tempo e ocorreron moitas cousas polo que aproveitando que para rexistralos habería que incluír algunhas modificacións que esixe a Xunta de Galicia, Jon e máis eu (Alberto) decidimos que podía ser un bo momento para puír os estatutos, para “pólos ao día” e facelos máis funcionais, acordes á realidade da asemblea, pois a experiencia acumulada en todo este tempo fíxonos ver que algunhas cousas eran mellorables.

Logo de varios meses de estudo, debate e redacción conseguimos unha proposta de estatutos que sen se afastar dos anteriores cremos que son mais axeitados á vez que cumpren os requisitos que esixe a Xunta de Galicia para o rexistro, polo que é necesario convocar unha asemblea fundacional en que se aproben.

Así, convócase ASEMBLEA FUNDACIONAL para a próxima terza feira (martes)18 de xaneiro ás 19:30 na Facultade de Medicina (aula por determinar) na que se exporá a proposta de estatutos e se votarán as modificacións que se consideren oportunas.

Para axilizar os trámites e evitar problemas do pasado, OS ASISTENTES DEBERÁN LEVAR 3 FOTOCOPIAS DO SEU DNI, pois unha vez aprobados os estatutos deberán ser asinados polos presentes (sen ningún tipo de compromiso posterior, só é un requisito administrativo).

Así, pregamos a máxima difusión desta asemblea e a máxima asistencia posible (cas fotocopias do DNI), pois é un paso moi importante que debemos dar o antes posible e do xeito mais correcto para evitar problemas posteriores e que esta sexa a última vez que se ten que facer o trámite.

Un saúdo, Alberto e Jon.

Para los que tengáis problemas y no podáis descargar los archivos

Para los que no les van los enlaces de fisio y el sobotta:
http://rapidshare.com/#!download|629dt|231955330|West_-_Fisiologia_Respiratoria_-7th_Ed.pdf|51091

http://new.taringa.net/posts/ebooks-tutoriales/5419925/Atlas-de-Anatomia-Sobotta_-Tomo-1-y-Tomo-2.html

miércoles, 12 de enero de 2011

Fisioloxía respiratoria

O libro que siguen os profesores, en especial Costoya é o seguinte: Fisio respiratoria

Seminario de bioquímica: localización de xenes; e últimas presentacións de bases psicoóxicas de Brenlla

Seminario bioquimica: Técnicas de estudo de xenes e aplicación á enfermidade de Huntington.
Presentacións de Brenlla: Enfermidade como problemática psicosocial (modificada: reduceu o nº de diapositivas) e Conducta de enfermidade

Cambios nas clases de neuroanatomía

As clases de pares craneais de neuroanatomía serán nas seguintes datas - horas - aulas:
Venres 14 de xaneiro - 9:30 - Aula 1
Luns 17 de xaneiro - 9:30 - Aula 1
Martes 18 de xaneiro - 9:30 - Aula 1
Mércores 19 de xaneiro - 9:30 - Aula 1
Xoves 20 de xaneiro - 9:30 - Aula 1
Venres 21 de xaneiro - 9:30 - Aula 1

Deste modo, non haberá clases a última semana. Tamén haberá algunhas clases da semana que ven á 1:30 que non teremos, unha vez que remate a súa parte Ana Muñoz, a dos órganos dos sentidos.