Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

jueves, 16 de junio de 2011

AVISO MOI IMPORTANTE

Adxúntovos unha mensaxe que me mandou a nosa compañeira Marta Mariño:

'Non sei se sabes que en fisio algúns de nós tivemos que facer o exame sen plantilla, e Román asegurounos que o corrixiría el porque foi un erro deles (según nos dixo Román moi serio, extrañáballe que non chegaran para todos porque "collera un tocho de plantillas") Pois ben, a nós as notas non nos chegaron, foi Zaira falar con el e aparecemos como non presentados, tendo que ir á reclamación obligatoriamente para que non nos suspendan e desapareza o conseguido na primeira evaluación tamén.'

Polo tanto, as notas deberíanlles haber chegado a todo o mundo. No caso de non haber chegado, deberedes ir á revisión os días 20 - 22 de xuño as 12h. Un saúdo e moitas grazas a Marta por avisar!

6 comentarios:

  1. Estarán aínda a corrixir os exames... xa sabemos as velocidades deste tipo de cousas...

    ResponderEliminar
  2. Van agardar e cando os teñan todos os exames iremos falar con eles sobre a dificultade do exame (niso quedamos) e logo mandaranas.

    ResponderEliminar
  3. É dicir, que a cousa vai quedar como se puxo no evento do tuenti, non? E ninguén vai facer nada máis como "ataque conxunto"? Cando aínda non se sabían as notas todo o mundo estaba de acordo en que o exame fora inxusto, pero agora que se saben seguro que a maioría dos aprobados pasa do tema. Iso xa o fan a propósito. Divide y vencerás, que se di.
    A min ségueme a parecer unha inxustiza, por moito 85% de aprobados que haxa...

    ResponderEliminar
  4. Era visto que sendo unha quiniela como foi, cando o exame saíra mal todo o mundo a protestar, movendo o que fixera falla, agora como a inmensa maioría está aprobada, por sorte (supoño que sempre haberá a excepción da persoa que sabía as cousas... aínda que desta vez está complicado que a haxa...); entón agora que cada un se busque a vida e solucione os seu problemas. Páreceme xenial si, demostrando que somos medicina 100%: canto peor lle vaia ao veciño...mellor! En fin...

    ResponderEliminar
  5. Yo aprobé registros ya desde el principio, pero fui a la revisión que hubo y no me cambió nada, hasta que apareció la nota en la secretaría virtual y de repente me habían subido 1 punto.
    Siempre dije que había sido un examen injusto porque muchas preguntas no se habían explicado en clase. Yo estudiara algunas pues se me dió por mirar cosas relacionadas y pensé que podían caer. A pesar de todo eso tuviera 14 bien, la nota final fue como si tuviera 16 bien. Imagino que tal vez subieron la nota a todos y a los que habíamos aprobado también.

    ResponderEliminar