Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

martes, 2 de noviembre de 2010

Avisos para os alumnos con materias pendentes de primeiro

Tras poñerse a falar cos coordinadores das diversas cátedras, esto foi o que se acadou:

- Fisioloxía I: para os da cátedra da que é coordinador Román, e na que se atopa Canedo, estableceuse un parcial para o día 17 de decembro ás 17:00, aulas 6,7,8. Non é necesario apuntarse a ningunha lista. Para os que queiran apuntarse pola cátedra de Otero non teño información algunha, só sei que o poden facer, pero para obter información poñerse en contacto cos de 3º curso.

- Bioquímica I: Como dixo o profesor de Bioquímica II acceden a facer un exame. A data fixada foi o 22 de decembro ás 16 horas nas aulas 7 e 8. É un exame ANUAL que se fai pola convocatoria de XUÑO, e ata este mes non darán as notas. É necesario apuntarse nunha lista.

- Histoloxía I: pódese facer o exame cos de grao, xa que entra o mesmo temario. Isto é o día 26 de xaneiro nas aulas 1,2,3,6,7 e 8 ás 16:00. Ocorre coma no caso anterior, conta pola convocatoria de XUÑO e non se dará a nota ata esta data. É necesario apuntarse nunha lista. CAMBIO: o exame é o dia 29 de xaneiro, non o 26, xa que o cambiaron os de grado. 

-Biofísica: quen esteña interesado en facer un exame de biofísica en decembro, debe mandar un correo a nosolomedicos@gmail.com e poñer o DNI e nome completo (e por se acaso poñer que é para o exame di biofísica). Supoño que dende aquela teranvos ao tanto  do que acontece. Fecha tope para apuntarse: viernes 05 de noviembre (SI ESTE VIERNES). CAMBIO: Pasouse unha lista na clase para quen estaba interesado, xa que ao final os de nosolomedicos non o levan. 

- Citoloxía, anatomía, bioestatística ou historia: non se chegou a ningún acordo, polo que queda a convocatoria establecida.

Só indicar que estas datas non as puxen eu, foi un acordo entre os que foron falar cos mestres e estes últimos, tendo en conta a dificultade que existe para atopar aulas libres. Un saúdo a todos!


1 comentario:

  1. MOITISIMAS GRACIAS NON SEI QUE SERÍA DE NOS SIN TI. O QUE ESTAS A FACER NON TEN PRECIO

    ResponderEliminar