Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Para os de Fisioloxía II con relación ás cátedras nas que deben facer o exame

Adxunto aquí as palabras que transmitiu Alberto de ALEM, xa que servirán para entender o lío de cátedras, exames,... que se leva falando un tempo.


Eu, Alberto FM, acudín a falar con varios profesores ante os comentarios de moitos compañeiros e as dúbidas que eu mesmo tiña. Aclaro que aínda que a min tamén me afecta o tema, fíxeno como representante de estudantes ca intención de transmitir a información recibida a todos vós, sen acordar nada cos profesores, tan so informarme.
O problema comezou xa hai semanas, cando algún/s "compañeir@/s" comezaron a moverse pola súa conta sen contar cos delegados e sen informar debidamente ós seus compañeiros.
A min chegou a información de que os estudantes matriculados en Fisioloxía médica (2º curso) en 2º convocatoria ou superior non farían o exame cos profesores que imparten a materia (grupo docente coordinado polo prof. Román), senon cos que o fixeron o curso pasado (grupo docente coordinado polo prof. Otero). Esta novidade pareceume estraña debido ó feito nos últimos anos e ó meu descoñecemento deste cambio como representante de estudantes no Consello de departamento de fisioloxía.
Acudín falar co prof. Oteroen principio non implicado na docencia de licenciatura de ningunha das fisioloxías, o cal me confirmou o que me transmitiran os compañeiros, confirmando á vez que non teriamos dereito a docencia cos profesores que supostamente nos examinarían ("xa a tivestes o curso pasado") e que foi unha decisión tomada en consello de departamento a petición dos estudantes. Pola contra, segundo el o que desexase examinarse cos profesores que imparten a materia este curso tería que falar co prof. Román.
Como seguía contrariado por esta novidade (á que non me opoño) acudín a falar cocoordinador da materia, o prof. Román, que ante o meu relato quedou moi estrañado e me informou de que os matriculados en Fisiloxía médica debían examinarse cos profesores correspondentes, os que lle impartan a materia, pero que por se algo se lle escaba ó seu coñecemento falara co director de departamento.
A información que hoxe mesmo me facilitou o prof. Dieguez,director do Departamento de fisioloxía, e que dou por válida por ser a "máxima autoridade" do departamento, é que no departamento se segue o mesmo método que os pasados cursos, o que ven sendo:
1. Os estudantes matriculados en Fisioloxía médica de xeito ordinario teranse que examinar cos profesores que imparten a materia este curso, dos que é coordinador o prof. Román.
2. Os estudantes matriculados en Fisioloxía médica que concorran a convocatoria "extraordinaria" (fin de carreira...) examinaranse cos profesores que impartiron a materia o pasado curso, coordinados polo Prof. Otero.
3. Como "novidade" pola situación puntual de cambio de plano de estudos, os estudantes de licenciatura matriculados nunha materia sen docencia (porque xa a sustituiu a equivalente do novo plano de estudos), neste caso en Fisioloxía Xeralexaminaranse cos profesores que impartiron a materia o pasado curso, coordinados polo Prof. Román.

No hay comentarios:

Publicar un comentario