Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Resultado da reunión de hoxe (por Alberto)

Boas

 A reunión de hoxe co Decano sobre a descentralización para 4º curso podemos dicir que foi "positiva", pois afirma que estará do lado dos estudantes e que lle transladará a nosa postura ó reitor en breve.

Puxemos sobre a mesa o "plan C", apoiado maioritariamente na asemblea, segundo o cal todos os estudantes teriamos toda a teoría en Santiago e 6 semanas de prácticas na Coruña/Vigo (con servizo de transporte gratuíto e con horarios axeitados) e o resto no CHUS.

Ademais, os estudantes que voluntariamente queiran ter todas as súas prácticas e incluso a teoría na Coruña e Vigo poderían facelo, sempre e cando esto non sexa precedente para a obrigatoriedade en próximos cursos.

Tamén mantemos a petición de que se poidan facer prácticas nos hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Pola nosa parte nada mais, en canto vaiamos tendo novidades informarémosvos.
 
Un saúdo

sábado, 26 de marzo de 2011

Esplacnoloxía

O mestre Quintanilla só dará a súa clase os xoves (grupos 2 e 3) e venres (grupo 1) pola mañá de 8:30 - 10:30. Porén, para a semana, o luns ás 5:30 recuperaremos a clase que nos queda coa mestra Castaño. Un saúdo!

Prazo para anotarse nas convocatorias anticipadas

- En bases psicolóxicas, dado que en principio só se anotaron unhas 11 persoas, amplíase o prazo deica o 31 de marzo.

- En anato I a data límite é o 5 de abril e hai anotadas do noso grupo unhas 3 persoas.

- En canto a fisio I, eso estano a levar os de 3º e están xuntando nomes pa saber sobre cantos irian no correo medicinagrupouno@gmail.com. Supoño que terán un prazo similar ao de anato I.

RECORDAR A REUNIÓN DO LUNS DAS 20:00, XA QUE SERÁ MOI IMPORTANTE E PODERÍANSE TOMAR ALGUNHAS DECISIÓNS, POLO QUE CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS SE SABERÁ A OPINIÓN EN XERAL, QUE É O QUE SE PRETENDE.

Un saúdo

martes, 22 de marzo de 2011

Cambio de hora da reunión de descentralización

Como hai compañeiros que teñen materias de asistencia obrigatoria o día 28 pola tarde, ocomezo da asemblea retrasarase ás 20:00. Esa será a hora de comezo real, non haberá mais "tempo de cortesía" para tentar que a asemblea non remate moi tarde.


Rógase a máxima asistencia posible, pensade que o plan de descentralización que se decida será tanto para 4º como para 3º. 

viernes, 18 de marzo de 2011

Última reunión co decano sobre descentralización (Resumo pasado polos de ALEM)

Sobre a descentralización da docencia para o 4º curso:
Ante a división e diferentes opinións mostradas nas últimas asambleas (por que descentralizar a teoría se o problema reside nas prácticas, medo á relación docencia/exame e á falta de rodaxe da docencia teórica descentralizada porque non houbo curso “piloto”…etc), os representantes de estudantes transmitimos a información ó Decano, que está disposto a estudar outras opcións, sempre impartindo teoría na Coruña e en Vigo, pois afirma que é algo xa avanzado e en proceso de organización que hai que acatar.
Polo momento as opcións que se nos plantexan son:
  1. Escoller 100 persoas de cada curso (con criterios por definir) que se repartirán entre A Coruña e Vigo (50 e 50) e alí recibirán docencia práctica e teórica durante todo o curso con exame común (acordado entre os 3 centros) en Santiago.
Na Coruña e Vigo a docencia teórica e práctica impartiríanse todos os días (exemplo: 9-10 Teoría, 10-12:30 Prácticas, 12:30-14:30 Teoría) e en Santiago distribuiríanse un mes teoría e outro prácticas (alternando os grupos).
  1. Que a todos os estudantes se consideren “residentes en Santiago” e que, salvo contadas excepcións e casos particulares que se estudarán, TODOS os estudantes roten un período de tempo na Coruña (25%) e outro en Vigo (25%) e o resto do curso (50%) en Santiago, e recibirían teoría e práctica en todos os centros (en cada centro impartiríase unha docencia específica (exemplo: cardioloxía daríase na Coruña e xinecoloxía daríase en Vigo para todos) con docencia de optativas e exame común en Santiago.
En todos os centros o horario sería prácticamente o mesmo (exemplo: 9-10 Teoría, 10-12:30 Prácticas, 12:30-14:30 Teoría).
Exemplo: Existirían 4 grupos por curso
                Mes1   Mes2  Mes3   Mes4    Mes5   Mes6    Mes7    Mes8
CHUS      A+B    C+D     A+B    C+D       C+D    A+B        C+D    A+B
CHUAC   C         A          D         B            A         C                  B    D
CHUVI    D         B          C         A            B          D                 A    C
Os “detalles” deste sistema son:
  • O reitorado quere evitar pagar os autobuses (ou trens de darse o caso) para desprazarse á Coruña e Vigo.
  • A opción b) aínda debe ser presentada ós departamentos, ó reitorado e ós hospitais para que den a súa opinión.
  • A opción b) sería incompatible con realizar prácticas noutros hospitais.
  • O feito de que se descentralice cada mes á metade dos estudantes podería permitir que un dos tres cursos de 2º ciclo non tivera que descentralizarse (6º).

Sobre a descentralización da docencia en 5º e 6º cursos:
Continuaríase so ca descentralización práctica.
O decanato ten a intención de continuar co sistema actual (que non coñece en profundidade) pero non se nega a negociar cambios.
Polo momento non se tratou o tema, pois estamos á espera do que se acorde para 4º (por se se pudieran aprobeitar ideas para os demais cursos) e ter mais datos para negociar sobre seguro.
ASEMBLEA o LUNS 28 ás 19:30 na Facultade de Medicina

jueves, 17 de marzo de 2011

Convocatoria anticipada de Anatomia I


Adxunto a nota dunha compañeira: 
Hola compañeros:

Infelizmente todos tenemos Anatomía I por hacer y casi todos tenemos exámenes en junio no menos importantes, principalmente cerca de la fecha de Anatomia (14 de junio creo). Así que hablé con profesora Alonso sobre la posibilidad de hacer un examen adelantado en los primeros 15 dias de mayo. No le gustó mucho la propuesta pero dijo que iba a hablar con los otros profesores y me aconsejó a recoger el mayor número de firmas posible para que la propuesta gane dimensiones más reales. Lo más importante que tenéis que saber es queQUIEN SE PRESENTA EN LA EPOCA ADELANTADA ESTÁ AUTOMATICAMENTE RECHAZANDO LA EPOCA OFICIAL DE JUNIO. Las notas solo saldrían después del examen de junio.
Vamos a  entregar a los delegados de todos los cursos unas hojas con vuestros  nombres. Por favor, si tenéis interés  en esta época adelantada firmad la hoja lo más rápido posible.  Cuantas más firmas mejor!!
Logo para a semana podense pasar os interesados para firmar. Un saúdo. 

martes, 15 de marzo de 2011

Aviso para pendentes de Bases Psicolóxicas

Unhas rapazas de 2º falaron coa profesora Ángeles Lorenzo para facer unha convocatoria anticipada de setembro (xa sabedes, é en sustitución pola de setembro, polo que xa non se podería facer o exame en setembro de facelo) e estableceuse o día 12 de abril, tendo que ser entre as 16:30 e 20:30. Comunícoo para saber se toda a xente que a queira facer non ten problema algún. Aquelas persoas interesadas que mo digan e se teñen algún problema que mo comenten. Teñen prazo deica o 25 de marzo. Un saúdo!

Aviso para o exame práctico de Neuroanatomía

Falei co profesor Lavandeira e dixo que precisaríamos levar a bata e, por se acaso, tamén os guantes. Un saúdo e ánimo!

domingo, 13 de marzo de 2011

Prácticas antropoloxía

Mañá pasarei unha lista na hora de antropoloxía para quen se queira apuntar ás prácticas.Un saúdo!

viernes, 11 de marzo de 2011

Exames de xuño

Recordar os exames de xuño que foron modificados:

1º de LICENCIATURA (para a xente que ten que recuperar):



-> Citoloxía --> 8 de xuño (19.00) no AULARIO
-> Histoloxía -> 10 de xuño (19.00) no AULARIO

2º de LICENCIATURA (ou sexa, nós xDD)

-> Fisioloxía --> 8 de xuño (16.00) no AULARIO
-> Rexistros --> 9 de xuño (16.00) no AULARIO

3º de LICENCIATURA

->Farmacoloxía --> 8 de xuño (12.00) no AULARIO

OPTATIVAS DE PRIMEIRO CICLO.

->Relación Médico-Doente --> 10 de xuño (12.00) nas aulas 7 e 8 (CAMBIO POLA PROFESORA).

Anatomia por tecnicas de imaxe

Os grupos de prácticas sorprendentemente foron modificados dunha forma pouco lóxica de modo que agora temos 4 grupos de prácticas nos que atopamos mezclada xente de diversos grupos, é dicir, un collage de xente. De este modo, pode haber xente k teña a práctica os mércores ou os venres. O que si podo afirmar e que só teremos 4 prácticas en todo o curso e están postos os grupos no tablón de anatomía. En canto consiga os grupos subireinos ao blogue. Calquera problema por horarios faládeo coa coordinadora da asignatura, que é a mestra de esplacnoloxía. De este modo, obviade a última entrada. Un saúdo!

jueves, 10 de marzo de 2011

Fichas para as prácticas de rexistros: espirometría e ECG

Espirometría: ficha 1 e ficha 2
ECG: ficha 1 e ficha 2

Clases de Anatomía por técnicas de imagen

Aquí se adjuntan las clases teóricas y prácticas de anato por técnicas:


- TEORÍA: El horario teórico es el que viene en el horario, a excepción de la semana de prácticas, en las que los miércoles no habrá clase teórica. Son 3 los profesores que en principio nos darán clase (no sé si después habrá más, ya que en principio, por el horario, acabaríamos en mayo, lo que me estraña, por lo que creo que falta la profesora castaño, que nos da urinario en anato II, por poner sus horas).


- Prof. Carreira (Si, el que nos ha estado dando): le tocaban los días 23 de febrero y 1,2,9, y 14 de marzo.


- Prof. Souto: 15,21,22,28,29,30 de marzo.


- Prof. Barreiro: 4,5,11,12, 25 y 26 de abril.




- PRÁCTICAS: Serán un par de prácticas por profesor (6 prácticas). Los días de prácticas serán los miércoles de 9:30 a 11:30 para el grupo III, y viernes de 11:30 a 13:30 para los grupos I y II. Los días asignados para cada profesor serán:


- Prof. Carreira: 16 y 23 marzo (grupo III) y 18 y 25 de marzo (grupos I y II).


- Prof. Souto: 1 y 8 de abril (grupos I y II), y 6 y 13 de abril (grupo III)


- Prof. Barreiro: 27 de abril y 4 de mayo (grupo III) y 29 de abril y 7 de mayo (grupos I y II).


Cualquier modificación en estos horarios serán comunicados. Un saludo!

lunes, 7 de marzo de 2011

Descentralización: NOVA REUNION

Aviso da ALEM:


Logo da Asemblea da pasada semana na que finalmente so se falou do que será a descentralización de 4º do próximo curso (agradecemos a asistencia de persoas de outros cursos), decidiuse que en vista de que o que se acorde para o próximo curso se estenderá tamén ó seguinte é necesario informar e facer partícipes do tema ós estudantes de 2º curso como último curso no que se imparte a licenciatura e que polo tanto se verá implicado no proceso tal e como se plantexa agora.
 
Así, convócase Asemblea informativa sobre a descentralizaciónespecialmente dirixida para os estudantes de 2º curso (aberta a calquera estudante) oxoves 10 de marzo ás 18:45 na que os representantes de estudantes e delegados que forman parte da Comisión de baremo da descentralización expoñerán todas as variantes saídas da asemblea da pasada semana.
 
Para os demais cursos seguiremos tentando asegurar a máxima información posible, por parte do decanato coma do reitorado.
 
Ademais, para facernos unha idea da demanda que podería existir en TODOS os cursosde facer as so prácticas nos hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra gustaríanos que todos os interesados enviaran un correo-e co asuntooutros hospitais a descentralizacionmedicina@gmail.com indicando nomeDNIcurso ehospital.
Unha vez teñamos uns datos aproximados de demanda trataremos o tema co Decanato e, o mais importante, ca Consellería de Sanidade, o principal obstáculo para que se realice.
 
Un saúdo, ALEM

jueves, 3 de marzo de 2011

Horarios definitivos

Aquí vos adxunto os horarios das materias troncais e optativas de 1º ciclo, coas aulas nas que se imparte cada asignatura. Pode que haxa compatibilidade con outros grupos, quero dicir, asignaturas que se dean noutros grupos e que leven a mesma materia diaria, pero estes son os que nos corresponderían 'legalmente'. Un saúdo a todos.



TRONCALES DEL CURSO
Hora y día
Lunes
Martes
Miércoles
Jueves
Viernes
8:30



Esplacnología
Aula 4

9:30



11:30
Inmunología médica
Aula 7


12:30
Fisiología médica
Aula 7






16:30
Esplacnología
Aulas (7 u 8)





OPTATIVAS ADAPTADAS AL HORARIO DE 2º
Hora y día
Lunes
Martes
Miércoles
Jueves
8:30
Antropología
Aula 3
Crecimiento y maduración sexual
Aula 1
9:30



10:30
Anatomía por técnicas de imagen
Aula 7

13:30



Crecimiento y maduración sexual
Aula 9

OPTATIVAS ADAPTADAS AL CALENDARIO DE 3º
Hora y día
Lunes
Martes
Miércoles
Jueves
8:30
Neurobiología
Aula 6

10:30



Relación médico paciente
Aula 8
11:30



12:30



Ética médica
Aula 8
17:30
Ética médica
Aula 5 (sólo lunes y miércoles, martes no, fallo mio)

18:30

Protección radiológica
Aula 5



PD: recordar o das prácticas de anato. Aqueles que teñan asignaturas de libre elección ou optativas os luns e martes á tarde, que veñan falar conmigo para poder colocalos nun horario apropiado para eles. 

Cambios prácticas de registros

Xa se modificaron as datas para os grupos con superposición de prácticas:


ESPIROMETRÍA

VENRES 27 MAIO


Hora   Grupos          Práctica

16:30-18:30  53-54  ESP              
18:30-20:30  55-56  ESP               


MERCORES 1 XUÑO

Hora   Grupos          Práctica

16:30-18:30  57        ECG  
18:30-20:30  57        ESP    



Laboratorio de habilidades


VENRES 27 MAIO

Hora   Grupos

16:30-18:30  57

           
MERCORES 1 XUÑO

Hora   Grupos

16:30-18:30  53-54              
18:30-20:30  55-56

Coa de ECG non había problema. 

Un saúdo a todos!

miércoles, 2 de marzo de 2011

Avisos de última hora

Falei con Masa e dixo que non tiñamos que recuperar a hora do luns. Tamén me comuniquei cos mestres de rexistros para comentarlles o solapamento de prácticas que teñen os últimos grupos, en canto me contesten comunicareino. Para os de crecemento e maduración, a última nova que teño é a seguinte: teñen clase os xoves de 8:30 a 10:30 e teñen que ir a anato II ao grupo I (venres pola mañá e martes pola tarde) e os xoves á 13:30 terían a clase do venres (din que o estan a pensar, logo non é definitivo).

Por outro lado, as prácticas de anatomía II que comezarán en abril serán os luns e martes, polo que aqueles alumnos que teñan problemas calquera dos días, deberánolo comunicar aos delegados para colocalos noutras hora que xa lles sexa adsequible.

Por último, en psicopato mandaron os criterios de avaliación e data de revisión:



A cualificación final de Psicopatoloxía é a suma das avaliacións da aprendizaxe conseguido a través das distintas actividades da materia.
Os aspectos concretos que se avalían, son os seguintes:

  • Adquisición de coñecementos teóricos
  • Asistencia e participación nas actividades prácticas
  • Adquisición de habilidades prácticas


A metodoloxía (criterios, e instrumentos) que empregamos para avaliar cada un destes aspectos, así coma o peso específico de cada un na cualificación final, móstranse na seguinte táboa:


ASPECTO
Criterio
Instrumento
Puntuación
Máxima
Peso

Coñecementos teóricos

Dominio coñecementos teóricos
Examen test
7
70%
Asistencia
prácticas

Asistencia
Regular
(PPO)
Control asistencia
--
Preceptivo*
para ter unha cualificación
Habilidades
Prácticas

Dominio habilidades prácticas
Elaboración Informe Película (DJ)
1
10%
Habilidades
Prácticas

Informe psicopatolóxico de calidade
Lectura e elaboración de informe razoado (IP)
2
20%

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS DETALLADAS:
  • Taboeiro Área de Psiquiatría, 1ª planta Facultade de Medicina
  • Taboeiro Área de Psiquiatría, xunto a sala bedeis Aulas 4 e 5 Facultade de Medicina

REVISIÓN CUALIFICACIÓNS:

·        Venres 4 de Marzo as 10:30h, Despacho Profª. Ángela Torres (UASAMP, 3º andar, Facultade de Medicina), previa cita por correo electrónico (angelajuana.torres@usc.es)