Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

lunes, 7 de marzo de 2011

Descentralización: NOVA REUNION

Aviso da ALEM:


Logo da Asemblea da pasada semana na que finalmente so se falou do que será a descentralización de 4º do próximo curso (agradecemos a asistencia de persoas de outros cursos), decidiuse que en vista de que o que se acorde para o próximo curso se estenderá tamén ó seguinte é necesario informar e facer partícipes do tema ós estudantes de 2º curso como último curso no que se imparte a licenciatura e que polo tanto se verá implicado no proceso tal e como se plantexa agora.
 
Así, convócase Asemblea informativa sobre a descentralizaciónespecialmente dirixida para os estudantes de 2º curso (aberta a calquera estudante) oxoves 10 de marzo ás 18:45 na que os representantes de estudantes e delegados que forman parte da Comisión de baremo da descentralización expoñerán todas as variantes saídas da asemblea da pasada semana.
 
Para os demais cursos seguiremos tentando asegurar a máxima información posible, por parte do decanato coma do reitorado.
 
Ademais, para facernos unha idea da demanda que podería existir en TODOS os cursosde facer as so prácticas nos hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra gustaríanos que todos os interesados enviaran un correo-e co asuntooutros hospitais a descentralizacionmedicina@gmail.com indicando nomeDNIcurso ehospital.
Unha vez teñamos uns datos aproximados de demanda trataremos o tema co Decanato e, o mais importante, ca Consellería de Sanidade, o principal obstáculo para que se realice.
 
Un saúdo, ALEM

No hay comentarios:

Publicar un comentario