Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

viernes, 18 de marzo de 2011

Última reunión co decano sobre descentralización (Resumo pasado polos de ALEM)

Sobre a descentralización da docencia para o 4º curso:
Ante a división e diferentes opinións mostradas nas últimas asambleas (por que descentralizar a teoría se o problema reside nas prácticas, medo á relación docencia/exame e á falta de rodaxe da docencia teórica descentralizada porque non houbo curso “piloto”…etc), os representantes de estudantes transmitimos a información ó Decano, que está disposto a estudar outras opcións, sempre impartindo teoría na Coruña e en Vigo, pois afirma que é algo xa avanzado e en proceso de organización que hai que acatar.
Polo momento as opcións que se nos plantexan son:
  1. Escoller 100 persoas de cada curso (con criterios por definir) que se repartirán entre A Coruña e Vigo (50 e 50) e alí recibirán docencia práctica e teórica durante todo o curso con exame común (acordado entre os 3 centros) en Santiago.
Na Coruña e Vigo a docencia teórica e práctica impartiríanse todos os días (exemplo: 9-10 Teoría, 10-12:30 Prácticas, 12:30-14:30 Teoría) e en Santiago distribuiríanse un mes teoría e outro prácticas (alternando os grupos).
  1. Que a todos os estudantes se consideren “residentes en Santiago” e que, salvo contadas excepcións e casos particulares que se estudarán, TODOS os estudantes roten un período de tempo na Coruña (25%) e outro en Vigo (25%) e o resto do curso (50%) en Santiago, e recibirían teoría e práctica en todos os centros (en cada centro impartiríase unha docencia específica (exemplo: cardioloxía daríase na Coruña e xinecoloxía daríase en Vigo para todos) con docencia de optativas e exame común en Santiago.
En todos os centros o horario sería prácticamente o mesmo (exemplo: 9-10 Teoría, 10-12:30 Prácticas, 12:30-14:30 Teoría).
Exemplo: Existirían 4 grupos por curso
                Mes1   Mes2  Mes3   Mes4    Mes5   Mes6    Mes7    Mes8
CHUS      A+B    C+D     A+B    C+D       C+D    A+B        C+D    A+B
CHUAC   C         A          D         B            A         C                  B    D
CHUVI    D         B          C         A            B          D                 A    C
Os “detalles” deste sistema son:
  • O reitorado quere evitar pagar os autobuses (ou trens de darse o caso) para desprazarse á Coruña e Vigo.
  • A opción b) aínda debe ser presentada ós departamentos, ó reitorado e ós hospitais para que den a súa opinión.
  • A opción b) sería incompatible con realizar prácticas noutros hospitais.
  • O feito de que se descentralice cada mes á metade dos estudantes podería permitir que un dos tres cursos de 2º ciclo non tivera que descentralizarse (6º).

Sobre a descentralización da docencia en 5º e 6º cursos:
Continuaríase so ca descentralización práctica.
O decanato ten a intención de continuar co sistema actual (que non coñece en profundidade) pero non se nega a negociar cambios.
Polo momento non se tratou o tema, pois estamos á espera do que se acorde para 4º (por se se pudieran aprobeitar ideas para os demais cursos) e ter mais datos para negociar sobre seguro.
ASEMBLEA o LUNS 28 ás 19:30 na Facultade de Medicina

No hay comentarios:

Publicar un comentario