Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Resultado da reunión de hoxe (por Alberto)

Boas

 A reunión de hoxe co Decano sobre a descentralización para 4º curso podemos dicir que foi "positiva", pois afirma que estará do lado dos estudantes e que lle transladará a nosa postura ó reitor en breve.

Puxemos sobre a mesa o "plan C", apoiado maioritariamente na asemblea, segundo o cal todos os estudantes teriamos toda a teoría en Santiago e 6 semanas de prácticas na Coruña/Vigo (con servizo de transporte gratuíto e con horarios axeitados) e o resto no CHUS.

Ademais, os estudantes que voluntariamente queiran ter todas as súas prácticas e incluso a teoría na Coruña e Vigo poderían facelo, sempre e cando esto non sexa precedente para a obrigatoriedade en próximos cursos.

Tamén mantemos a petición de que se poidan facer prácticas nos hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Pola nosa parte nada mais, en canto vaiamos tendo novidades informarémosvos.
 
Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario