Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

viernes, 29 de abril de 2011

Aviso oficial da convocatoria anticipada de Anatomia I

Boas
Finalmente a data do exame adiantado de Anatomía I será o 16 de maio, a partir das 10:30 da mañá (a hora confirmarase mais adiante). O exame práctico será despois do teórico, pero aínda non está confirmado cando.
En relación ás peticións de moitos compañeiros, sentimos que sexa o día antes do festivo, pero segundo a compeñeira que realizou as xestións era imposible outra data por falta de aulas e por dispoñibilidade dos profesores.
Evidentemente, quen desexe presentarse na convocatoria oficial, pode facelo sempre e cando que non se presente a este exame adiantado.
Informarémosvos de todas as novidades que se produzan.
Un saúdo, ALEM

jueves, 28 de abril de 2011

Votación convocatoria anticipada de inmunoloxía (CAMBIO)

http://www.surveymonkey.com/s/YDN3JT5


Co seguinte enlace accederase a unha páxina con dúas preguntas:
- Na primeira deberase poñer nome, apelidos e DNI para comprobar nº de votos e persoas participantes (non repetir voto, non suplantar identidades)
- Na segunda deberase poñer a opción elexida. O mestre estableceu que debía datarse tras o 27 de maio, que sería a semana na que remataría de dar o temario. Así mesmo, debe ser antes do 8 de xuño, que é cando comezan os exames.


La votación estará abierta hasta el domingo, 1 de mayo, a las 23:59.


Un saludo!


Se ha ido al decanato a preguntas por los días posibles, y sólo hay aulas para el 31 de mayo y 1 de junio. Aún no se sabe exactamente si habrá votación, dado que el día 1 de junio aún hay prácticas de registros y no pueden ser intercambiadas. En breves se avisará. Un saludo y perdón por las molestias.

PD: Ha llegado a mis oídos que la convocatoria anticipada de anatomía I será el 16 de mayo.

martes, 26 de abril de 2011

asemblea urxente descentralizacion

Boas
Ata este momento non conseguimos unha reunión co reitor, pero dende o decanato avanzarónnos que teñen unha proposta que conta co apoio da equipa reitoral.
Para expoñer e debatir dita proposta convócase ASEMBLEA URXENTE para o mércores 27 de abril ás 19:45(comezaremos puntuais) na Facultade (aula por determinar).
O principal punto na orde do día será a DESCENTRALIZACIÓN para TODOS OS CURSOS, polo que non se realizará unha segunda asemblea en días posteriores, os interesados debedes acudir mañá.
Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima asistencia, pois é un momento decisivo no que debemos tomar decisión.
Un saúdo, ALEM

lunes, 25 de abril de 2011

domingo, 17 de abril de 2011

AVISO ANTROPOLOXÍA

O próximo luns non haberá antropoloxía porque a mestra non pode impartila, pero non será necesario recuperala, xa que o martes dará clase teórica en vez de seminario e así xa a suple. Un saúdo!

jueves, 14 de abril de 2011

AVISO PENDENTES ANATOMIA I

Adxunto a información que me mandaron para aqueles interesados en facer a convocatoria adiantada de Anato I:

Boas
Logo de falar esta semana co Prof. Meaños e ca Prof. Alonso non obtivemos obxeción para ter un exame adiantado de Anatomía I, aínda que ata despois de semana santa non o confirmará a prof. Alonso logo de falalo cos demais profesores. A data sería en principio na segunda quincena do mes de maio e o exame práctico sería seguramente ó día seguinte do teórico.
Sentimos non darvos unha confirmación segura, pero preferimos avisarvos igualmente para que os que quirades poidades organizarvos durante as vacacións de semana santa.
Quen se presente a este exame non se poderá presentar en xuño e as notas sairán todas xuntas tralo exame oficial.
Os que non o fixeran xa deben entregar a ficha de prácticas no departamento, indicando na mesma se se teñen as prácticas aprobadas. Pero OLLO, se nos últimos anos non entregastes ficha dicindo que aprobarades as prácticas falade co Prof. Meaños para asegurarvos de que a el lle consta que as tedes aprobadas.
Moitas gracias á compañeira que está a levar o tema.
Un saúdo, ALEM

martes, 12 de abril de 2011

Ultima clase de Miguel Lopez

Hoxe impartiuse a derradeira clase de Miguel. En caso de non haber asistido, mañá impartirá a mesma clase para os grupos 1 e 2 ás 10:30 na aula 4 ou 5. Un saudo!

PD: O controlillo de inmuno queda para o próximo mercores de clase

lunes, 11 de abril de 2011

Controlillo de inmuno

O control será despois de semana santa. Mañá preguntaranos o mestre polo día que queremos que sexa. Un saúdo!

IMPORTANTE

DESCENTRALIZACIÓN

Boas
Agora que propoñemos como sistema de docencia o "modelo C" apoiado en Asemblea (a teoría se daría toda en Santiago e as prácticas as fariamos todos durante 6 semanas en Coruña/Vigo e o resto en Santiago), para facernos unha idea da demanda que podería existir en TODOS os cursos gustaríanos que todos os interesados enviaran un correo-e co asunto que indicamos abaixo a descentralizacionmedicina@gmail.com indicando nome, DNI, curso e hospital.
a) Facer todas as prácticas nos hospitais da Coruña e Vigo - Asunto: Practicas + cidade
b) Facer todas as prácticas e teoría na Coruña e Vigo - Asunto: Practicas e teoría + cidade
(*só no caso de que chegase a darse teoría para 4º fora de Santiago, senon entenderiamos esta opción como equivalente á A)
c) Facer as prácticas noutros hospitais - Asunto: Outros hospitais
(*se xa enviastes algún correo indicando esta petición, non fai falta repetir)
Un saúdo, ALEM



PRÁCTICAS DE VERÁN

Boas
Como todos sabedes, ca implantación dos distintos graos na USC está a diminuír a oferta de créditos de libre elección, e a cada ano que pase será mais evidente, polo que dende o decanato conseguiron levar adiante unha das mais antigas reivindicacións estudantís na nosa facultade: maior valoración das prácticas de verán.
Así, segundo nos informaron o pasado venres, as novas condicións para as prácticas de verán serán as seguintes:
- 7,5 créditos/periodo de prácticas (mes)
- Máximo de créditos por curso: 15 (2 periodos/curso)
- Realización obrigatoria dunha pequena memoria
Como moitos saberedes, agora mesmo o número máximo de créditos que podemos facer por prácticas en periodo non lectivo en toda a carreira son 15. Os representantes de estudantes pedimos que sexan 30 (equivalente a 1 mes de prácticas/curso de 2º a 5º), dada a condición excepcional de transición de plans de estudos na que nos atopamos, pero eso pode ser dificil de mudar por motivos legais. O que si está seguro é que aquel que xa teña os créditos máximos poderá realizar prácticas de verán igualmente, pero á hora de escoller praza terán preferencia sobre el os estudantes que aínda non completaran os créditos.
Tamén pedimos que haxa unha lista orientativa das prazas de prácticas antes do prazo de solicitude, algo no que debe colaborar o SERGAS. Agardamos que se realice.
Para finalizar, tamén pedimos que se cree un sistema de asignación regrado e transparente, para que non se repitan as situacións de inseguridade dos últimos anos. Nese sistema estudarase considerar o curso, a residencia familiar e/ou o expediente.
Agardamos que se sigan dando avances para a mellora no sistema de prácticas en periodo non lectivo. Manterémosvos informados.
Un saúdo, Montse e Alberto (ALEM)

jueves, 7 de abril de 2011

Algunha presentacion de anatomía por técnicas

Aquí vos adxunto a presentación de anatomía de tórax, xa que o mestre decideu pasárnola ao final tras pedirllo Pilar, a delegada do grupo II: ATI: Torax

Tamén puidemos conseguir 2 presentacions de ecografías, xa que o mestre as deixou esquencidas un día de clase. Corresponde ás 2 primeiras presentacións:
Eco 1, Eco 2 

martes, 5 de abril de 2011

NOVAS SOBRE DESCENTRALIZACIÓN (por Alberto)


Boas
 
Hoxe tivemos outra reunión co Decano para saber en que punto se atopa a descentralización, logo das novas xurdidas nos últimos días.
Púxosenos sobre a mesa unha nova idea que evitaría descentralizar a teoría e que consistiría no paso en bloque ó grao de todos os cursos agás 6º. Unha vez descartada esta posibilidade pola nosa parte, pois é un tema que xa se debatiu intensamente o curso pasado e que foi rexeitado pola gran maioría do estudantado, a proposta estudantil segue a ser o "modelo C" aprobado en Asemblea, e unha vez expostos pola súa parte e pola nosa os pros e contras do sistema, o decano trasladarallo ó reitorado nos próximos días.
 
Á espera novas, nada mais pola nosa parte.
 
Un saúdo

CONVOCATORIA ANTICIPADA DE BASES PSICOLÓXICAS

O exame anticipado de bases é de forma definitiva o martes día 12 de abril, ás 16:30 no aula 3. Un saúdo e sorte!