Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

martes, 5 de abril de 2011

NOVAS SOBRE DESCENTRALIZACIÓN (por Alberto)


Boas
 
Hoxe tivemos outra reunión co Decano para saber en que punto se atopa a descentralización, logo das novas xurdidas nos últimos días.
Púxosenos sobre a mesa unha nova idea que evitaría descentralizar a teoría e que consistiría no paso en bloque ó grao de todos os cursos agás 6º. Unha vez descartada esta posibilidade pola nosa parte, pois é un tema que xa se debatiu intensamente o curso pasado e que foi rexeitado pola gran maioría do estudantado, a proposta estudantil segue a ser o "modelo C" aprobado en Asemblea, e unha vez expostos pola súa parte e pola nosa os pros e contras do sistema, o decano trasladarallo ó reitorado nos próximos días.
 
Á espera novas, nada mais pola nosa parte.
 
Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario