Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

lunes, 11 de abril de 2011

IMPORTANTE

DESCENTRALIZACIÓN

Boas
Agora que propoñemos como sistema de docencia o "modelo C" apoiado en Asemblea (a teoría se daría toda en Santiago e as prácticas as fariamos todos durante 6 semanas en Coruña/Vigo e o resto en Santiago), para facernos unha idea da demanda que podería existir en TODOS os cursos gustaríanos que todos os interesados enviaran un correo-e co asunto que indicamos abaixo a descentralizacionmedicina@gmail.com indicando nome, DNI, curso e hospital.
a) Facer todas as prácticas nos hospitais da Coruña e Vigo - Asunto: Practicas + cidade
b) Facer todas as prácticas e teoría na Coruña e Vigo - Asunto: Practicas e teoría + cidade
(*só no caso de que chegase a darse teoría para 4º fora de Santiago, senon entenderiamos esta opción como equivalente á A)
c) Facer as prácticas noutros hospitais - Asunto: Outros hospitais
(*se xa enviastes algún correo indicando esta petición, non fai falta repetir)
Un saúdo, ALEM



PRÁCTICAS DE VERÁN

Boas
Como todos sabedes, ca implantación dos distintos graos na USC está a diminuír a oferta de créditos de libre elección, e a cada ano que pase será mais evidente, polo que dende o decanato conseguiron levar adiante unha das mais antigas reivindicacións estudantís na nosa facultade: maior valoración das prácticas de verán.
Así, segundo nos informaron o pasado venres, as novas condicións para as prácticas de verán serán as seguintes:
- 7,5 créditos/periodo de prácticas (mes)
- Máximo de créditos por curso: 15 (2 periodos/curso)
- Realización obrigatoria dunha pequena memoria
Como moitos saberedes, agora mesmo o número máximo de créditos que podemos facer por prácticas en periodo non lectivo en toda a carreira son 15. Os representantes de estudantes pedimos que sexan 30 (equivalente a 1 mes de prácticas/curso de 2º a 5º), dada a condición excepcional de transición de plans de estudos na que nos atopamos, pero eso pode ser dificil de mudar por motivos legais. O que si está seguro é que aquel que xa teña os créditos máximos poderá realizar prácticas de verán igualmente, pero á hora de escoller praza terán preferencia sobre el os estudantes que aínda non completaran os créditos.
Tamén pedimos que haxa unha lista orientativa das prazas de prácticas antes do prazo de solicitude, algo no que debe colaborar o SERGAS. Agardamos que se realice.
Para finalizar, tamén pedimos que se cree un sistema de asignación regrado e transparente, para que non se repitan as situacións de inseguridade dos últimos anos. Nese sistema estudarase considerar o curso, a residencia familiar e/ou o expediente.
Agardamos que se sigan dando avances para a mellora no sistema de prácticas en periodo non lectivo. Manterémosvos informados.
Un saúdo, Montse e Alberto (ALEM)

6 comentarios:

  1. quixera que por favor me resolverasdes unha dubida. A opcion B quere dicir que se manten o modelo C con practicas en Santiago, Coruña e Vigo e teoría soamente e igual para todos en Santiago?

    gracias

    ResponderEliminar
  2. Yo estoy interesada en tener teoria y prática en Vigo. Pero eso, considerando que es el modelo A que se aplica y asi alquilaria un piso alla. y mi duda consiste en lo siguiente, es que arriba pone: "b) Facer todas as prácticas e teoría na Coruña e Vigo - Asunto: Practicas e teoría + cidade
    (*só no caso de que chegase a darse teoría para 4º fora de Santiago, senon entenderiamos esta opción como equivalente á A)", eso quiere decir que si envio un correo avisando mis intenciones y se acaba por tener en teoria en santiago quedo obligada a hacer las práticas en Vigo?

    ResponderEliminar
  3. Ao primeiro comentario: o modelo que esta pro propoñerse ao rector denomínase modelo C, que ven sendo o de teoria en santiago e prácticas redistribuidas, descentralizandose todos nelas unha vez no curso e tendo o resto en santiago. O que se pide e que persoas que a pesar deste modelo estén interesadas en a (facer todas as practicas en coruña ou vigo), b (facer teoria e practica nunha mesma cidade) ou c (facer prácticas nos hospitais non clinicos, lugo ourense, pontevedra e ferrol). A opcion b seria para as persoas interesadas niso a pesar de manterse o modelo C .

    Ao segundo comentario: son datos orientativos, de modo que so che tocaria ir a vigo no caso de dalo todo xunto (teoria e practica). Nos outros casos non afectaría.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. gracias cristian, non o entendera ben!

    ResponderEliminar
  5. Las prácticas son geniales para aprender. Lástima que en muchos sitios no sirvan para convalida por créditos de libre elección. Suerte que contamos con cursos online, porque cada vez cuesta más encontrar actividades interesantes para obtener créditos.

    ResponderEliminar
  6. Que tipo de cursos online son convalidados por creditos de libre eleccion?

    ResponderEliminar