Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

martes, 26 de abril de 2011

asemblea urxente descentralizacion

Boas
Ata este momento non conseguimos unha reunión co reitor, pero dende o decanato avanzarónnos que teñen unha proposta que conta co apoio da equipa reitoral.
Para expoñer e debatir dita proposta convócase ASEMBLEA URXENTE para o mércores 27 de abril ás 19:45(comezaremos puntuais) na Facultade (aula por determinar).
O principal punto na orde do día será a DESCENTRALIZACIÓN para TODOS OS CURSOS, polo que non se realizará unha segunda asemblea en días posteriores, os interesados debedes acudir mañá.
Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima asistencia, pois é un momento decisivo no que debemos tomar decisión.
Un saúdo, ALEM

No hay comentarios:

Publicar un comentario