Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

martes, 3 de mayo de 2011

Información de descentralización, prácticas

oas
Nestes días estanse a dar pequenos avances no tema da descentralización.
Esta mañá o decano reuniuse con representantes de estudantes (reunión intensa...) e o mércores 4 faremos o mesmo co reitor.
Logo, o xoves 5 o decano volverá reunirse cos representantes de estudantes e cos delegados de 4º e 5º, e ademais o propio decanoexplicará ós estudantes de 2º e 3º en asemblea aberta a súa proposta o xoves 5 ás 19:30 na facultade.
No tocante á proposta que se nos adiantara para 4º do próximo curso, hoxe concretouse máis e gracias ó vicedecano Arce e ó secretario Lima encamiñarase doutro xeito e estudaranse modificacións para facela mais "adsequible" para os estudantes (o cal non significa que nos vaia gustar...).
Así, esta proposta non se centra no cambio a grao dos actuais estudantes de 3º (e os de 2º dentro de 2 cursos), senon en concentrar as prácticas de licenciatura no 6º curso (facer un "rotatorio") como unha forma de evitar a descentralización teórica e práctica en 4º e 5º e abrir os demais hospitais para ese 6º curso. Ademais, se esta reordenación o permitise, sería posible que quen o desexase puidese ó rematar 5º pasarse a grao e rematar a carreira como graduado+máster sen perder materias "polo camiño".
Nun principio plantexábase concentrar case toda a teoría de 4º e 5º nun novo macro-4º, e pasar o contido de 6º a 5º para así ter case todas as prácticas clínicas en 6º. Ante a oposición frontal dos representantes de estudantes, o vicedecano e o secretario aceptaron estudar variacións neste plan para non concentrar tanta teoría en 4º e deixar 1-2 materias que se poderían impartir nos primeiros meses de 6º e despois facer o "rotatorio". Esta opción non permitiría a convalidación a grao, pero non sobrecargaría tanto 4º e 5º.
Este plan é viable legalmente porque non supón unha modificación do plano de estudos, senon que consistiría en que os estudantes realizásemos a matrícula das materias en cuestión e o decanato adaptaría os horarios a este sistema de concentración da teoría.
Para 5º e 6º do próximo curso agárdase a resolución do tema para 4º do curso que ven, pois segundo o que se adopte poderíase plantexar que so se descentralicen os voluntarios.
Polo momento esto é o que hai, pode ser difícil de comprenser así de primeiras, pero é mais sinxelo do que parece, outra cousa é que guste. Agardamos ter pronto a proposta "en firme" para trasladárvola e que poidades xulgala axeitadamente.
Noutra orde de cousas:
- A proposta da facultade e da universidade para as prazas de novo ingreso do próximo curso é de 300, agardamos que a Xunta de Galicia aprobe este número e non mais.
- Xa se aprobou a concesión de 7,5 créditos por cada periodo de prácticas de verán ata un total de 15 por curso. O que non se puido modificar é o límite total de créditos que se poden facer en toda a titulación con prácticas clínicas, que seguen a ser 15, pois eso necesitaría da modificación do plano de estudos e non é viable. Ademais espérase que o Sergas envíe a proposta de prazas a escoller para este verán.
- Na xunta de facultade de hoxe pediuse que se instalaran mais enchufes nas aulas e gracias á disposición e ofrecemento dos bedeis esto farase o antes posible.
- Nesta xunta de facultade tamén se fixo unha queixa pola falta de prácticas de farmacoloxía polo retraso no acondicionamento dos laboratorios.
Polo momento nada mais pola nosa parte.
Un saúdo.

2 comentarios:

  1. Con tantos cambios que queren facer coa descentralización do segundo ciclo queria saber como esta a historia da implantacion do grao ¿o ano que ven implantase só para 2º? O curso de 3º de licenciatura mantense con clases presenciais como está este ano ¿non? Porque segun teño entendido a extinción da licenciatura de medicina só pode facerse cada ano un curso e os que estamos este ano en 2º teremos o ano que ven 3º con clases como teñen este ano ¿é asi?

    ResponderEliminar