Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Prácticas de verán


Xa se publicou a convocatoria das Prácticas clínicas en periodo non lectivo na web da facultade. Nela podedes ler a convocatoria, coñecer a oferta de prazas do SERGAS e descargar/cubrir o formulario de solicitude.

O prazo de solicitude remata o 3 de xuño.

Os créditos concedidos este curso por cada periodo son 7,5 e deberase entregar unha memoria de 5-10 follas ó titor das prácticas.


Aqueles que ó sumar os 7,5 créditos (ou 15) sobrepasen os 15 créditos máximos que se poden
obter en prácticas clínicas en periodo non lectivo poderán matricularse igualmente e pagarán por todos os
créditos dos que se matriculen, mais so lle subirán ó expediente os que lle resten para os 15 máximos.


Os bolseiros do MEC exentos do pago de matrícula non pagan o prezo dos créditos das prácticas de verán.

Tras un proceso de investigación cheguei á seguinte conclusión: o arquivo pdf do impreso haino que descargar, abrilo con acrobat reader do ordenata, cubrilo e logo envialo (hai que poñer correo e nome completo) e mandao, confirmando que houbo o envio. Foi a única forma na que atopei confirmación.

Un saúdo

4 comentarios:

  1. se pueden hacer praticas de solo 15 dias o el minimo es 1 mes? gracias :)

    ResponderEliminar
  2. como che indican que o envío foi realizado???? gracias de antemán :D

    ResponderEliminar
  3. Á primeira pregunta: son periodos dun mes, non se poden facer de 15 días polo que me explicaron.

    Á segunda: primeiro diche que está na cola de envío, e logo diche enviado correctamente. En todolos casos, podes pasarte pola semana polo decanato para preguntar se lles chegaron os correos.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. gracias cristian....e que so me pon que está en cola de envio asi que terei que ir ao decanato! gracias :D

    ResponderEliminar