Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.
Mostrando entradas con la etiqueta Antropoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antropoloxía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de mayo de 2011

Avisos varios

- Inmunoloxía: acábanse de retirar as listas de convocatoria anticipada. Porén, o próximo luns aínda a terá o mestre por se alguén deixou a decisión deica o final. Para a semana haberá seminarios voluntarios nos que rematará inmunoloxía tumoral e fará preguntas do final de tema,...

- Anatomía I: o exame práctico será o día 15 según me comentaron a este blogue.

- Anatomía II: o exame práctico consistirá en ver imaxes con proxector: unha imaxe por aparato, 3 preguntas cada imaxe. O exame teórico consistirá nun exame tipo test resposta múltiple con 4 opcións posibles e varias respostas posibles, no que non baixarán negativos e serán unhas 10 por aparato. Engadir que primeiro faremos o teórico (+- 1 hora) e logo pasaremos ao práctico (+-30 minutos). O nivel de aprobado é: teoría (6/10) e práctica (7/12).

- Antropoloxía: a profesora Masa comentou que un alumno non lle puxo nome ao seu traballo. Este traballo ten como portada unhas pegadas de pé en area ou similar. Isto é importante dado que para acceder ao exame deberase ter entregado o traballo.

- Clases en xeral: a maior parte delas rematarán esta semana, agás esplacno e fisio polo de agora. Calquera cambio comunicarase.

Un saúdo e ánimo co estudo!

domingo, 17 de abril de 2011

AVISO ANTROPOLOXÍA

O próximo luns non haberá antropoloxía porque a mestra non pode impartila, pero non será necesario recuperala, xa que o martes dará clase teórica en vez de seminario e así xa a suple. Un saúdo!

domingo, 13 de marzo de 2011

Prácticas antropoloxía

Mañá pasarei unha lista na hora de antropoloxía para quen se queira apuntar ás prácticas.Un saúdo!

miércoles, 2 de marzo de 2011

Avisos de última hora

Falei con Masa e dixo que non tiñamos que recuperar a hora do luns. Tamén me comuniquei cos mestres de rexistros para comentarlles o solapamento de prácticas que teñen os últimos grupos, en canto me contesten comunicareino. Para os de crecemento e maduración, a última nova que teño é a seguinte: teñen clase os xoves de 8:30 a 10:30 e teñen que ir a anato II ao grupo I (venres pola mañá e martes pola tarde) e os xoves á 13:30 terían a clase do venres (din que o estan a pensar, logo non é definitivo).

Por outro lado, as prácticas de anatomía II que comezarán en abril serán os luns e martes, polo que aqueles alumnos que teñan problemas calquera dos días, deberánolo comunicar aos delegados para colocalos noutras hora que xa lles sexa adsequible.

Por último, en psicopato mandaron os criterios de avaliación e data de revisión:



A cualificación final de Psicopatoloxía é a suma das avaliacións da aprendizaxe conseguido a través das distintas actividades da materia.
Os aspectos concretos que se avalían, son os seguintes:

  • Adquisición de coñecementos teóricos
  • Asistencia e participación nas actividades prácticas
  • Adquisición de habilidades prácticas


A metodoloxía (criterios, e instrumentos) que empregamos para avaliar cada un destes aspectos, así coma o peso específico de cada un na cualificación final, móstranse na seguinte táboa:


ASPECTO
Criterio
Instrumento
Puntuación
Máxima
Peso

Coñecementos teóricos

Dominio coñecementos teóricos
Examen test
7
70%
Asistencia
prácticas

Asistencia
Regular
(PPO)
Control asistencia
--
Preceptivo*
para ter unha cualificación
Habilidades
Prácticas

Dominio habilidades prácticas
Elaboración Informe Película (DJ)
1
10%
Habilidades
Prácticas

Informe psicopatolóxico de calidade
Lectura e elaboración de informe razoado (IP)
2
20%

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS DETALLADAS:
  • Taboeiro Área de Psiquiatría, 1ª planta Facultade de Medicina
  • Taboeiro Área de Psiquiatría, xunto a sala bedeis Aulas 4 e 5 Facultade de Medicina

REVISIÓN CUALIFICACIÓNS:

·        Venres 4 de Marzo as 10:30h, Despacho Profª. Ángela Torres (UASAMP, 3º andar, Facultade de Medicina), previa cita por correo electrónico (angelajuana.torres@usc.es)

viernes, 25 de febrero de 2011

Clases do Luns

O próximo luns, non haberá clase de antropoloxía nin de fisioloxía. Estamos tratando de falar cos mestres de anatomía por técnicas e inmuno. Algunha nova seravos comunicada. Un saúdo!