Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.
Mostrando entradas con la etiqueta Avisos para os de exames pendentes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avisos para os de exames pendentes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de mayo de 2011

Avisos varios

- Inmunoloxía: acábanse de retirar as listas de convocatoria anticipada. Porén, o próximo luns aínda a terá o mestre por se alguén deixou a decisión deica o final. Para a semana haberá seminarios voluntarios nos que rematará inmunoloxía tumoral e fará preguntas do final de tema,...

- Anatomía I: o exame práctico será o día 15 según me comentaron a este blogue.

- Anatomía II: o exame práctico consistirá en ver imaxes con proxector: unha imaxe por aparato, 3 preguntas cada imaxe. O exame teórico consistirá nun exame tipo test resposta múltiple con 4 opcións posibles e varias respostas posibles, no que non baixarán negativos e serán unhas 10 por aparato. Engadir que primeiro faremos o teórico (+- 1 hora) e logo pasaremos ao práctico (+-30 minutos). O nivel de aprobado é: teoría (6/10) e práctica (7/12).

- Antropoloxía: a profesora Masa comentou que un alumno non lle puxo nome ao seu traballo. Este traballo ten como portada unhas pegadas de pé en area ou similar. Isto é importante dado que para acceder ao exame deberase ter entregado o traballo.

- Clases en xeral: a maior parte delas rematarán esta semana, agás esplacno e fisio polo de agora. Calquera cambio comunicarase.

Un saúdo e ánimo co estudo!

lunes, 9 de mayo de 2011

Aviso definitivo anatomia I

O exame adiantado de Anatomía I será o luns 16 de maio ás 10:30 e o exame práctico o mércores 18.
O exame teórico terá as características habituais: constará de 4 partes (Cabeza, Tronco, Membro Superior e Membro inferior, cada unha delas con 30 preguntas tipo test de resposta única (40 min/parte aprox.) nas que se desconta unha resposta correcta por cada 3 erradas (3 e múltiplos de 3). O nivel do aprobado está en 19 respostas en cada parte (57 en total), e non se compensan erros nin acertos dunhas partes coas outras.
O exame práctico será na aula de técnica anatómica e deberán realizalo todos os estudantes que nunca o superasen e aqueles que si o fixeron pero non renovaron a súa ficha (indicando o exame aprobado) nos anos seguintes.
Para calquera dúbida dirixídevos ós profesores da materia.

viernes, 6 de mayo de 2011

Aviso Anato I

Según as últimas informacións recibidas, o teórico é o día 16 pola mañá e o práctico o día 18 deste mes. En canto saiba algo máis informaréivolo. Un saúdo

viernes, 29 de abril de 2011

Aviso oficial da convocatoria anticipada de Anatomia I

Boas
Finalmente a data do exame adiantado de Anatomía I será o 16 de maio, a partir das 10:30 da mañá (a hora confirmarase mais adiante). O exame práctico será despois do teórico, pero aínda non está confirmado cando.
En relación ás peticións de moitos compañeiros, sentimos que sexa o día antes do festivo, pero segundo a compeñeira que realizou as xestións era imposible outra data por falta de aulas e por dispoñibilidade dos profesores.
Evidentemente, quen desexe presentarse na convocatoria oficial, pode facelo sempre e cando que non se presente a este exame adiantado.
Informarémosvos de todas as novidades que se produzan.
Un saúdo, ALEM

jueves, 14 de abril de 2011

AVISO PENDENTES ANATOMIA I

Adxunto a información que me mandaron para aqueles interesados en facer a convocatoria adiantada de Anato I:

Boas
Logo de falar esta semana co Prof. Meaños e ca Prof. Alonso non obtivemos obxeción para ter un exame adiantado de Anatomía I, aínda que ata despois de semana santa non o confirmará a prof. Alonso logo de falalo cos demais profesores. A data sería en principio na segunda quincena do mes de maio e o exame práctico sería seguramente ó día seguinte do teórico.
Sentimos non darvos unha confirmación segura, pero preferimos avisarvos igualmente para que os que quirades poidades organizarvos durante as vacacións de semana santa.
Quen se presente a este exame non se poderá presentar en xuño e as notas sairán todas xuntas tralo exame oficial.
Os que non o fixeran xa deben entregar a ficha de prácticas no departamento, indicando na mesma se se teñen as prácticas aprobadas. Pero OLLO, se nos últimos anos non entregastes ficha dicindo que aprobarades as prácticas falade co Prof. Meaños para asegurarvos de que a el lle consta que as tedes aprobadas.
Moitas gracias á compañeira que está a levar o tema.
Un saúdo, ALEM

sábado, 26 de marzo de 2011

Prazo para anotarse nas convocatorias anticipadas

- En bases psicolóxicas, dado que en principio só se anotaron unhas 11 persoas, amplíase o prazo deica o 31 de marzo.

- En anato I a data límite é o 5 de abril e hai anotadas do noso grupo unhas 3 persoas.

- En canto a fisio I, eso estano a levar os de 3º e están xuntando nomes pa saber sobre cantos irian no correo medicinagrupouno@gmail.com. Supoño que terán un prazo similar ao de anato I.

RECORDAR A REUNIÓN DO LUNS DAS 20:00, XA QUE SERÁ MOI IMPORTANTE E PODERÍANSE TOMAR ALGUNHAS DECISIÓNS, POLO QUE CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS SE SABERÁ A OPINIÓN EN XERAL, QUE É O QUE SE PRETENDE.

Un saúdo

jueves, 17 de marzo de 2011

Convocatoria anticipada de Anatomia I


Adxunto a nota dunha compañeira: 
Hola compañeros:

Infelizmente todos tenemos Anatomía I por hacer y casi todos tenemos exámenes en junio no menos importantes, principalmente cerca de la fecha de Anatomia (14 de junio creo). Así que hablé con profesora Alonso sobre la posibilidad de hacer un examen adelantado en los primeros 15 dias de mayo. No le gustó mucho la propuesta pero dijo que iba a hablar con los otros profesores y me aconsejó a recoger el mayor número de firmas posible para que la propuesta gane dimensiones más reales. Lo más importante que tenéis que saber es queQUIEN SE PRESENTA EN LA EPOCA ADELANTADA ESTÁ AUTOMATICAMENTE RECHAZANDO LA EPOCA OFICIAL DE JUNIO. Las notas solo saldrían después del examen de junio.
Vamos a  entregar a los delegados de todos los cursos unas hojas con vuestros  nombres. Por favor, si tenéis interés  en esta época adelantada firmad la hoja lo más rápido posible.  Cuantas más firmas mejor!!
Logo para a semana podense pasar os interesados para firmar. Un saúdo. 

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Avisos

1 - Mañá día 16 de decembro, é a folga para os de licenciatura, agárdase asistencia multitudinaria, e rógase que a xente non vaia a clase, pois así non a darán e a postpoñerán.
2- Para anotarse ao exame de bioka I de decembro hai que ir ao departamento desta materia. O exame será ás 16:00 o día 22.
3 - No tocante ao exame de biofisica, o exame será o día 21 de decembro ás 16:00 nas aulas 7 e 8.

Un saudo!

lunes, 8 de noviembre de 2010

AVISO HISTOLOXIA I

O exame de xaneiro ao final é o 29 de xaneiro (sábado) e non o 26, xa que é para cando cambiaron o exame os de grado.

2 AVISOS

- Hoxe fun falar coa profesora Rosalía Gallego para tratar de solucionar os problemas coa virtual. Comunicoume que a partir de hoxe teriamos que estar xa todos inscritos. A min antes nn me deixaba e agora mesmo xa podo aceder.

- O asunto de biofisica levarano os delegados de 2º, asi que calquera nova comunicarano nas suas respectivas aulas. Asi mesmo, ainda non se sabe se o dia 22 será definitivamente o exame de bioka. Informar ademais que os do departamento de bioquimica II van facer un documento no que se afirme que se é consciente de k se se fai o exame en decembro non se pode facer en xuño, e todo iso, vamos unha especie de contrato.

viernes, 5 de noviembre de 2010

CAMBIOS PARA LOS PENDIENTES EN BIOFISICA

El próximo lunes, 8 de Noviembre, debido a problemas con el método utilizado, preguntaré en un cambio de clase y haré una lista con la gente interesada en presentarse a la convocatoria de diciembre. Luego hablaré con las otras delegadas para ponernos de acuerdo y al final deciros algo definitivo sobre aulas, fechas,... Un saludo, y feliz fin de semana.

Para os de Fisioloxía II con relación ás cátedras nas que deben facer o exame

Adxunto aquí as palabras que transmitiu Alberto de ALEM, xa que servirán para entender o lío de cátedras, exames,... que se leva falando un tempo.


Eu, Alberto FM, acudín a falar con varios profesores ante os comentarios de moitos compañeiros e as dúbidas que eu mesmo tiña. Aclaro que aínda que a min tamén me afecta o tema, fíxeno como representante de estudantes ca intención de transmitir a información recibida a todos vós, sen acordar nada cos profesores, tan so informarme.
O problema comezou xa hai semanas, cando algún/s "compañeir@/s" comezaron a moverse pola súa conta sen contar cos delegados e sen informar debidamente ós seus compañeiros.
A min chegou a información de que os estudantes matriculados en Fisioloxía médica (2º curso) en 2º convocatoria ou superior non farían o exame cos profesores que imparten a materia (grupo docente coordinado polo prof. Román), senon cos que o fixeron o curso pasado (grupo docente coordinado polo prof. Otero). Esta novidade pareceume estraña debido ó feito nos últimos anos e ó meu descoñecemento deste cambio como representante de estudantes no Consello de departamento de fisioloxía.
Acudín falar co prof. Otero, en principio non implicado na docencia de licenciatura de ningunha das fisioloxías, o cal me confirmou o que me transmitiran os compañeiros, confirmando á vez que non teriamos dereito a docencia cos profesores que supostamente nos examinarían ("xa a tivestes o curso pasado") e que foi unha decisión tomada en consello de departamento a petición dos estudantes. Pola contra, segundo el o que desexase examinarse cos profesores que imparten a materia este curso tería que falar co prof. Román.
Como seguía contrariado por esta novidade (á que non me opoño) acudín a falar cocoordinador da materia, o prof. Román, que ante o meu relato quedou moi estrañado e me informou de que os matriculados en Fisiloxía médica debían examinarse cos profesores correspondentes, os que lle impartan a materia, pero que por se algo se lle escaba ó seu coñecemento falara co director de departamento.
A información que hoxe mesmo me facilitou o prof. Dieguez,director do Departamento de fisioloxía, e que dou por válida por ser a "máxima autoridade" do departamento, é que no departamento se segue o mesmo método que os pasados cursos, o que ven sendo:
1. Os estudantes matriculados en Fisioloxía médica de xeito ordinario teranse que examinar cos profesores que imparten a materia este curso, dos que é coordinador o prof. Román.
2. Os estudantes matriculados en Fisioloxía médica que concorran a convocatoria "extraordinaria" (fin de carreira...) examinaranse cos profesores que impartiron a materia o pasado curso, coordinados polo Prof. Otero.
3. Como "novidade" pola situación puntual de cambio de plano de estudos, os estudantes de licenciatura matriculados nunha materia sen docencia (porque xa a sustituiu a equivalente do novo plano de estudos), neste caso en Fisioloxía Xeral, examinaranse cos profesores que impartiron a materia o pasado curso, coordinados polo Prof. Román.

martes, 2 de noviembre de 2010

MAILS ONDE APUNTARSE PARA IR AOS EXAMES DE BIOQUIMICA I E HISTOLOXIA I PRECONVOCATORIA

Para aqueles que desexen apunterse ao exame de histoloxia I cos de grao, co mesmo temario ca o do ano pasado, débense apuntar mandando un correo a histoloxiaIusc@hotmail.es cos seguintes datos:
- Asunto: exame histoloxía 26/01/11
- Nome:
- DNI:
Isto para os do grupo III de 2º de medicina ou ós que lles corresponda dito grupo por anos anteriores. O prazo de apuntarse será dende hoxe, 02 de novembro, deica o 05 de decembro de 2010.


Para os interesados no caso de bioquimica I, debese mandar un correo a bioquimicaIusc@hotmail.es cos seguintes datos:
- Asunto: exame bioquimica 22/12/10
- Nome:
- DNI:
Isto tamén só para os do grupo III de 2º de medicina ou aos que lle corresponda dito grupo. O prazo para apuntarse é o mesmo, deica o 05 de decembro de 2010.


Un saudo a todos

Avisos para os alumnos con materias pendentes de primeiro

Tras poñerse a falar cos coordinadores das diversas cátedras, esto foi o que se acadou:

- Fisioloxía I: para os da cátedra da que é coordinador Román, e na que se atopa Canedo, estableceuse un parcial para o día 17 de decembro ás 17:00, aulas 6,7,8. Non é necesario apuntarse a ningunha lista. Para os que queiran apuntarse pola cátedra de Otero non teño información algunha, só sei que o poden facer, pero para obter información poñerse en contacto cos de 3º curso.

- Bioquímica I: Como dixo o profesor de Bioquímica II acceden a facer un exame. A data fixada foi o 22 de decembro ás 16 horas nas aulas 7 e 8. É un exame ANUAL que se fai pola convocatoria de XUÑO, e ata este mes non darán as notas. É necesario apuntarse nunha lista.

- Histoloxía I: pódese facer o exame cos de grao, xa que entra o mesmo temario. Isto é o día 26 de xaneiro nas aulas 1,2,3,6,7 e 8 ás 16:00. Ocorre coma no caso anterior, conta pola convocatoria de XUÑO e non se dará a nota ata esta data. É necesario apuntarse nunha lista. CAMBIO: o exame é o dia 29 de xaneiro, non o 26, xa que o cambiaron os de grado. 

-Biofísica: quen esteña interesado en facer un exame de biofísica en decembro, debe mandar un correo a nosolomedicos@gmail.com e poñer o DNI e nome completo (e por se acaso poñer que é para o exame di biofísica). Supoño que dende aquela teranvos ao tanto  do que acontece. Fecha tope para apuntarse: viernes 05 de noviembre (SI ESTE VIERNES). CAMBIO: Pasouse unha lista na clase para quen estaba interesado, xa que ao final os de nosolomedicos non o levan. 

- Citoloxía, anatomía, bioestatística ou historia: non se chegou a ningún acordo, polo que queda a convocatoria establecida.

Só indicar que estas datas non as puxen eu, foi un acordo entre os que foron falar cos mestres e estes últimos, tendo en conta a dificultade que existe para atopar aulas libres. Un saúdo a todos!