Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC
Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.
Mostrando entradas con la etiqueta Descentralización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Descentralización. Mostrar todas las entradas
lunes, 27 de junio de 2011
REUNION O DIA 30 AS 12:00
O decano ten prevista unha reunión para informarnos para aqueles que estean interesados en facer un cambio a bolonia en 4º curso. Indicar que este cambio non será obrigatorio. Un saúdo
martes, 10 de mayo de 2011
Mañá concentración!
Boas
Como a situación non avanza mañá mércores 11 ás 13:00 procederemos ca CONCENTRACIÓN DE BATAS BRANCAS na Facultade de Medicina e no Reitorado da USC.
Pregamos que acudades á concentración sexades do curso que sexades, pois este é un punto moi importante no que debemos transmitir "poder" e unidade e este é un tema que nos afecta a todos e que podería ter consecuencias positivas ou negativas estedes en 1º ou en 5º (se alguén de 6º se anima será benvido!).
Ademais, levade a vosa bata branca identifiacita e todo aquelo que sirva para chamar a atención (cartaces feitos na casa, difraces orixinais, instrumentos musicais, obxectos para facer ruido... etc).
E estades todos invitados a colaborar na elaboración de faixas e cartaces de gran tamaño que algúns compañeiros e compañeiras están a facer no local de estudantes.
Difundide todo o que poidades esta convocatoria (eventos en redes sociais, carteis e avisos de voz nas aulas..etc) e mañá animade a todos os compañeiros a participar, POLO BEN DE TODOS!.
MOITO ÁNIMO, contamos convosco!!!!
¡¡¡Queremos SOLUCIÓNS XA, pero SOLUCIÓNS CON SENTIDIÑO!!!
domingo, 8 de mayo de 2011
Cambio de data
Boas
O secretario da facultade, o Prof. Lima, e o Comisionado de CC da Saúde da USC, o Prof. Macía, xa coñecen con todo detalle o plantexado no comunicado e o que o motiva.
Ademais, comunicáronnos que o luns e o martes o Decano estará de viaxe, polo que cremos axeitado aprazar aconcentración para o MÉRCORES 11 ás 13:00 na facultade.
Tamén nos informaron dende o reitorado de que estaban a cadrar a axenda do reitor para ter unha reunión connosco o antes posible.
Sentimos o baile de datas, pero debemos xogar ben as nosas bazas para que teñan o efecto desexado.
Un saúdo
viernes, 6 de mayo de 2011
Medida a tomar (Cambio de día)
Boas
Aínda que non é exactamente o acordado hoxe, decidimos dar un día de marxe ás equipas reitoral e decanal para que respondan ás nosas reivindicacións, pois cremos que o novo argumento exposto (o tema das bolsas do MEC) é de suficiente peso como para que os faga reconsiderar a súa proposta e é "de boa educación" agardar a que che respondan antes de "tirar a porta abaixo" e non facelo podería ser contraproducente nunha posible nova negociación. En ningún momento pretendemos violentar a vontade dos nosos compañeiros e agardamos que esto non vos moleste e entendades os motivos polos que o facemos.
Así, CONVÓCASE CONCENTRACIÓN DE BATAS BRANCAS para o próximo MARTES 10 DE MAIO ás13:00 na FACULTADE DE MEDICINA e partiremos cara o reitorado.
Pregamos que acudades TODOS os estudantes ca vosa BATA e con todo aquelo co que poidades facer ruido (ou música) para facervos escoitar, así como con cartaces con lemas que podedes facer vós mesmos na casa (tamaño folio ou A3 sería suficiente).
Ademais, pregamos que a quen lle sexa posible se sume ás compañeiras que mañá venres pola mañá comezarán a facer no local de estudantes un gran cartaz (ou mais) para encabezar a concentración.
Segundo o discorrer dos feitos, esta concentración é susceptible de repetirse en días posteriores, incluso incorporando ás protestas aquelas iniciativas que poidades aportar.
Manterémosvos informados con todas as novidades.
Un saúdo, ALEM
Comunicado
A Asemblea Libre de Estudante de Medicina (ALEM), en representación do estudantado da
Facultade de Medicina da USC reunido en asemblea o día 5 de maio de 2011, decidiu POÑER
NO SEU COÑECEMENTO AS SEGUINTES CONSIDERACIÓNS:
Como vostede xa é coñecedor, os estudantes hai xa semanas que presentamos á equipa
decanal a nosa proposta de organización da docencia para o segundo ciclo da licenciatura
que inclúe a descentralización dunha parte da docencia práctica, ou da súa totalidade se o
estudante así o desexa, ós complexos hospitalarios da Coruña e Vigo para todos os estudantes e
a outros complexos hospitalarios se os estudantes o solicitasen. Pola contra, cremos que a
docencia teórica se debe impartir unicamente en Santiago de Compostela, mantendo así a
homoxeneidade na formación e avaliación para todos os estudantes, sen que isto supoña unha
oposición á incorporación de novos docentes provenientes doutros complexos hospitalarios, os
cales poderían iniciar igualmente carreira docente na USC impartindo a docencia teórica en
Santiago de Compostela.
Como resposta á nosa proposta o que se nos propuxo foi que os estudantes concentrasen
toda a docencia teórica no 4º e 5º cursos e case toda a docencia clínica (prácticas) no 6º
curso para así poder realizar un curso unicamente práctico similar ó rotatorio da
titulación de grao que xa se está a implantar e que podería realizarse en calquera dos
hospitais habilitados para a realización de prácticas clínicas. Ademais, aproveitando esta
reorganización de contidos, o estudante que así o desexase podería adaptarse ó grao e rematar a
súa formación como graduado e máster, cas posibles vantaxes que isto suporía.
Como mostra de boa vontade, os representantes de estudantes estudamos esta proposta e
buscamos polo miúdo vantaxes e inconvenientes da proposta e incluso tentamos introducirlle
melloras que puidesen facela mais atractiva á hora de presentarlla ós nosos compañeiros. Unha
vez exposta con todo detalle esta reestructuración ós compañeiros, os estudantes entenderon
unanimemente que é INASUMIBLE pola nosa parte polos motivos, entre outros que
vostede xa coñece da man dos representantes de estudantes, que se especifican a continuación:
- A desmesurada carga de contidos que supón comprimir toda a teoría de 3 cursos en
so 2, tendo en conta a gran dificultade e importancia das materias en cuestión.
- A redistribución da maioría da carga de créditos no 6º curso non permitiría ós
estudantes obter unha bolsa do Ministerio de Educación ó non alcanzar no 4º e 5º
cursos o mínimo de créditos matriculados esixidos para ser bolseiro.
Unha vez exposta a clara postura do estudantado en oposición á proposta defendida polas
equipas decanal e reitoral, queremos facerlle saber que mantemos a nosa proposta de
organización da docencia como a única alternativa ó actual sistema e que pode ser
aplicada a todos os cursos, sendo a nosa unha opción que require do esforzo de todas as
partes implicadas pero que supón unha mellora da situación actual, que non agrada a ningunha
das partes.
En consideración a todo o exposto anteriormente, solicitamos unha nova reunión entre
representantes de estudantes, equipa decanal e equipa reitoral o próximo luns 9 de maio
de 2011 para a achega de posturas, que de non producirse desencadearía o inicio inmediato das
accións que consideremos necesarias e axeitadas, incluíndo a posta en coñecemento de toda a
sociedade da situación na que estamos inmersos.
En Santiago de Compostela, a 6 de maio de 2011.
jueves, 5 de mayo de 2011
Novas
Na asemblea de hoxe presentouse a proposta da equipa decanal con todas as variacións posíbeis. Despois de estudalo detidamente, o estudantado chegou á conclusión de que éinasumíbel.
A proposta de pasar toda a docencia teórica para 4º e 5º, ficando as clínicas para 6º, fan que non se poida chegar ao número mínimo de créditos precisos para pedir a beca do Ministerio (79,5 créditos da licenciatura ou 60 créditos ECTS do grao). Por tanto, esa opción deixaríanossen beca, cousa inadmisíbel. Por outro lado calquera opción nesta dirección implicaría pasar a grao (cousa rexeitada reiteradamente) ou ter unha carga docente demasiado grande.
Entón, o estudantado de Medicina, organizado como ALEM, decidiu defender o modelo C(teoría en Santiago, prácticas descentralizadas onde todo o estudantado vai fóra mes e medio e o resto fica en Santiago) como a mellor opción entre as posíbeis. E para defender isto resolveu tomar medidas.
Continuaremos a informar e especificaremos máis en breve. Lembramos que para calquera tipo de consulta está o correo asemblealibre@gmail.com, onde vos podedes unir á lista de correo para estardes informados ao momento.
Descentralización (Nova)
Boas
Por decisión unilateral do prof. Gestal, as reunións de mañá do decano con representantes de estudantes, delegados de 4º e 5º e estudantes de 2º e 3º quedan SUSPENDIDAS.
Pola contra, mantense a Asemblea na que explicaremos o ocorrido ó longo de toda a semana, incluída a longa reunión desta tarde no reitorado.
XOVES 5 (19:30) SALÓN DE ACTOS - Asemblea descentralización (Todos os cursos)
Importante a asistencia para coñecer en datalle como está a situación actualmente, sen nada definitivo, pero igualmente importante coñecer todo o ocorrido e o que hai sobre a mesa.
Un saúdo, ALEM
martes, 3 de mayo de 2011
Información de descentralización, prácticas
oas
Nestes días estanse a dar pequenos avances no tema da descentralización.
Esta mañá o decano reuniuse con representantes de estudantes (reunión intensa...) e o mércores 4 faremos o mesmo co reitor.
Logo, o xoves 5 o decano volverá reunirse cos representantes de estudantes e cos delegados de 4º e 5º, e ademais o propio decanoexplicará ós estudantes de 2º e 3º en asemblea aberta a súa proposta o xoves 5 ás 19:30 na facultade.
No tocante á proposta que se nos adiantara para 4º do próximo curso, hoxe concretouse máis e gracias ó vicedecano Arce e ó secretario Lima encamiñarase doutro xeito e estudaranse modificacións para facela mais "adsequible" para os estudantes (o cal non significa que nos vaia gustar...).
Así, esta proposta non se centra no cambio a grao dos actuais estudantes de 3º (e os de 2º dentro de 2 cursos), senon en concentrar as prácticas de licenciatura no 6º curso (facer un "rotatorio") como unha forma de evitar a descentralización teórica e práctica en 4º e 5º e abrir os demais hospitais para ese 6º curso. Ademais, se esta reordenación o permitise, sería posible que quen o desexase puidese ó rematar 5º pasarse a grao e rematar a carreira como graduado+máster sen perder materias "polo camiño".
Nun principio plantexábase concentrar case toda a teoría de 4º e 5º nun novo macro-4º, e pasar o contido de 6º a 5º para así ter case todas as prácticas clínicas en 6º. Ante a oposición frontal dos representantes de estudantes, o vicedecano e o secretario aceptaron estudar variacións neste plan para non concentrar tanta teoría en 4º e deixar 1-2 materias que se poderían impartir nos primeiros meses de 6º e despois facer o "rotatorio". Esta opción non permitiría a convalidación a grao, pero non sobrecargaría tanto 4º e 5º.
Este plan é viable legalmente porque non supón unha modificación do plano de estudos, senon que consistiría en que os estudantes realizásemos a matrícula das materias en cuestión e o decanato adaptaría os horarios a este sistema de concentración da teoría.
Para 5º e 6º do próximo curso agárdase a resolución do tema para 4º do curso que ven, pois segundo o que se adopte poderíase plantexar que so se descentralicen os voluntarios.
Polo momento esto é o que hai, pode ser difícil de comprenser así de primeiras, pero é mais sinxelo do que parece, outra cousa é que guste. Agardamos ter pronto a proposta "en firme" para trasladárvola e que poidades xulgala axeitadamente.
Noutra orde de cousas:
- A proposta da facultade e da universidade para as prazas de novo ingreso do próximo curso é de 300, agardamos que a Xunta de Galicia aprobe este número e non mais.
- Xa se aprobou a concesión de 7,5 créditos por cada periodo de prácticas de verán ata un total de 15 por curso. O que non se puido modificar é o límite total de créditos que se poden facer en toda a titulación con prácticas clínicas, que seguen a ser 15, pois eso necesitaría da modificación do plano de estudos e non é viable. Ademais espérase que o Sergas envíe a proposta de prazas a escoller para este verán.
- Na xunta de facultade de hoxe pediuse que se instalaran mais enchufes nas aulas e gracias á disposición e ofrecemento dos bedeis esto farase o antes posible.
- Nesta xunta de facultade tamén se fixo unha queixa pola falta de prácticas de farmacoloxía polo retraso no acondicionamento dos laboratorios.
Polo momento nada mais pola nosa parte.
Un saúdo.
lunes, 2 de mayo de 2011
Avisos importantes
Haberá unha reunión co decano o próximo xoves ás 19:30, para falar do noso porvir en 4º e cursos sucesivos.
Por outro lado, o exame adiantado de inmunoloxía será o día 1 de xuño pola mañá (A hora dirase en breves) pois é cando están libres as aulas e non coinciden con prácticas. Antes é imposíbel por falla de aulas.
Para rematar, a clase de Quintanilla será o venres 13 ás 8:30 na aula 3.
Un saúdo
martes, 26 de abril de 2011
asemblea urxente descentralizacion
Boas Ata este momento non conseguimos unha reunión co reitor, pero dende o decanato avanzarónnos que teñen unha proposta que conta co apoio da equipa reitoral. Para expoñer e debatir dita proposta convócase ASEMBLEA URXENTE para o mércores 27 de abril ás 19:45(comezaremos puntuais) na Facultade (aula por determinar). O principal punto na orde do día será a DESCENTRALIZACIÓN para TODOS OS CURSOS, polo que non se realizará unha segunda asemblea en días posteriores, os interesados debedes acudir mañá. Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima asistencia, pois é un momento decisivo no que debemos tomar decisión. Un saúdo, ALEM
lunes, 11 de abril de 2011
IMPORTANTE
DESCENTRALIZACIÓN
Boas
Agora que propoñemos como sistema de docencia o "modelo C" apoiado en Asemblea (a teoría se daría toda en Santiago e as prácticas as fariamos todos durante 6 semanas en Coruña/Vigo e o resto en Santiago), para facernos unha idea da demanda que podería existir en TODOS os cursos gustaríanos que todos os interesados enviaran un correo-e co asunto que indicamos abaixo a descentralizacionmedicina@gmail.com indicando nome, DNI, curso e hospital.
a) Facer todas as prácticas nos hospitais da Coruña e Vigo - Asunto: Practicas + cidade
b) Facer todas as prácticas e teoría na Coruña e Vigo - Asunto: Practicas e teoría + cidade
(*só no caso de que chegase a darse teoría para 4º fora de Santiago, senon entenderiamos esta opción como equivalente á A)
c) Facer as prácticas noutros hospitais - Asunto: Outros hospitais
(*se xa enviastes algún correo indicando esta petición, non fai falta repetir)
Un saúdo, ALEM
PRÁCTICAS DE VERÁN
PRÁCTICAS DE VERÁN
Boas
Como todos sabedes, ca implantación dos distintos graos na USC está a diminuír a oferta de créditos de libre elección, e a cada ano que pase será mais evidente, polo que dende o decanato conseguiron levar adiante unha das mais antigas reivindicacións estudantís na nosa facultade: maior valoración das prácticas de verán.
Así, segundo nos informaron o pasado venres, as novas condicións para as prácticas de verán serán as seguintes:
- 7,5 créditos/periodo de prácticas (mes)
- Máximo de créditos por curso: 15 (2 periodos/curso)
- Realización obrigatoria dunha pequena memoria
Como moitos saberedes, agora mesmo o número máximo de créditos que podemos facer por prácticas en periodo non lectivo en toda a carreira son 15. Os representantes de estudantes pedimos que sexan 30 (equivalente a 1 mes de prácticas/curso de 2º a 5º), dada a condición excepcional de transición de plans de estudos na que nos atopamos, pero eso pode ser dificil de mudar por motivos legais. O que si está seguro é que aquel que xa teña os créditos máximos poderá realizar prácticas de verán igualmente, pero á hora de escoller praza terán preferencia sobre el os estudantes que aínda non completaran os créditos.
Tamén pedimos que haxa unha lista orientativa das prazas de prácticas antes do prazo de solicitude, algo no que debe colaborar o SERGAS. Agardamos que se realice.
Para finalizar, tamén pedimos que se cree un sistema de asignación regrado e transparente, para que non se repitan as situacións de inseguridade dos últimos anos. Nese sistema estudarase considerar o curso, a residencia familiar e/ou o expediente.
Agardamos que se sigan dando avances para a mellora no sistema de prácticas en periodo non lectivo. Manterémosvos informados.
Un saúdo, Montse e Alberto (ALEM)
martes, 5 de abril de 2011
NOVAS SOBRE DESCENTRALIZACIÓN (por Alberto)
Boas
Hoxe tivemos outra reunión co Decano para saber en que punto se atopa a descentralización, logo das novas xurdidas nos últimos días.
Púxosenos sobre a mesa unha nova idea que evitaría descentralizar a teoría e que consistiría no paso en bloque ó grao de todos os cursos agás 6º. Unha vez descartada esta posibilidade pola nosa parte, pois é un tema que xa se debatiu intensamente o curso pasado e que foi rexeitado pola gran maioría do estudantado, a proposta estudantil segue a ser o "modelo C" aprobado en Asemblea, e unha vez expostos pola súa parte e pola nosa os pros e contras do sistema, o decano trasladarallo ó reitorado nos próximos días.
Á espera novas, nada mais pola nosa parte.
Un saúdo
miércoles, 30 de marzo de 2011
Resultado da reunión de hoxe (por Alberto)
Boas
A reunión de hoxe co Decano sobre a descentralización para 4º curso podemos dicir que foi "positiva", pois afirma que estará do lado dos estudantes e que lle transladará a nosa postura ó reitor en breve.
Puxemos sobre a mesa o "plan C", apoiado maioritariamente na asemblea, segundo o cal todos os estudantes teriamos toda a teoría en Santiago e 6 semanas de prácticas na Coruña/Vigo (con servizo de transporte gratuíto e con horarios axeitados) e o resto no CHUS.
Ademais, os estudantes que voluntariamente queiran ter todas as súas prácticas e incluso a teoría na Coruña e Vigo poderían facelo, sempre e cando esto non sexa precedente para a obrigatoriedade en próximos cursos.
Tamén mantemos a petición de que se poidan facer prácticas nos hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Pola nosa parte nada mais, en canto vaiamos tendo novidades informarémosvos.
Un saúdo
sábado, 26 de marzo de 2011
Prazo para anotarse nas convocatorias anticipadas
- En bases psicolóxicas, dado que en principio só se anotaron unhas 11 persoas, amplíase o prazo deica o 31 de marzo.
- En anato I a data límite é o 5 de abril e hai anotadas do noso grupo unhas 3 persoas.
- En canto a fisio I, eso estano a levar os de 3º e están xuntando nomes pa saber sobre cantos irian no correo medicinagrupouno@gmail.com. Supoño que terán un prazo similar ao de anato I.
RECORDAR A REUNIÓN DO LUNS DAS 20:00, XA QUE SERÁ MOI IMPORTANTE E PODERÍANSE TOMAR ALGUNHAS DECISIÓNS, POLO QUE CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS SE SABERÁ A OPINIÓN EN XERAL, QUE É O QUE SE PRETENDE.
Un saúdo
- En anato I a data límite é o 5 de abril e hai anotadas do noso grupo unhas 3 persoas.
- En canto a fisio I, eso estano a levar os de 3º e están xuntando nomes pa saber sobre cantos irian no correo medicinagrupouno@gmail.com. Supoño que terán un prazo similar ao de anato I.
RECORDAR A REUNIÓN DO LUNS DAS 20:00, XA QUE SERÁ MOI IMPORTANTE E PODERÍANSE TOMAR ALGUNHAS DECISIÓNS, POLO QUE CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS SE SABERÁ A OPINIÓN EN XERAL, QUE É O QUE SE PRETENDE.
Un saúdo
martes, 22 de marzo de 2011
Cambio de hora da reunión de descentralización
Como hai compañeiros que teñen materias de asistencia obrigatoria o día 28 pola tarde, ocomezo da asemblea retrasarase ás 20:00. Esa será a hora de comezo real, non haberá mais "tempo de cortesía" para tentar que a asemblea non remate moi tarde.
Rógase a máxima asistencia posible, pensade que o plan de descentralización que se decida será tanto para 4º como para 3º.
Rógase a máxima asistencia posible, pensade que o plan de descentralización que se decida será tanto para 4º como para 3º.
viernes, 18 de marzo de 2011
Última reunión co decano sobre descentralización (Resumo pasado polos de ALEM)
Sobre a descentralización da docencia para o 4º curso:
Ante a división e diferentes opinións mostradas nas últimas asambleas (por que descentralizar a teoría se o problema reside nas prácticas, medo á relación docencia/exame e á falta de rodaxe da docencia teórica descentralizada porque non houbo curso “piloto”…etc), os representantes de estudantes transmitimos a información ó Decano, que está disposto a estudar outras opcións, sempre impartindo teoría na Coruña e en Vigo, pois afirma que é algo xa avanzado e en proceso de organización que hai que acatar.
Polo momento as opcións que se nos plantexan son:
- Escoller 100 persoas de cada curso (con criterios por definir) que se repartirán entre A Coruña e Vigo (50 e 50) e alí recibirán docencia práctica e teórica durante todo o curso con exame común (acordado entre os 3 centros) en Santiago.
Na Coruña e Vigo a docencia teórica e práctica impartiríanse todos os días (exemplo: 9-10 Teoría, 10-12:30 Prácticas, 12:30-14:30 Teoría) e en Santiago distribuiríanse un mes teoría e outro prácticas (alternando os grupos).
- Que a todos os estudantes se consideren “residentes en Santiago” e que, salvo contadas excepcións e casos particulares que se estudarán, TODOS os estudantes roten un período de tempo na Coruña (25%) e outro en Vigo (25%) e o resto do curso (50%) en Santiago, e recibirían teoría e práctica en todos os centros (en cada centro impartiríase unha docencia específica (exemplo: cardioloxía daríase na Coruña e xinecoloxía daríase en Vigo para todos) con docencia de optativas e exame común en Santiago.
En todos os centros o horario sería prácticamente o mesmo (exemplo: 9-10 Teoría, 10-12:30 Prácticas, 12:30-14:30 Teoría).
Exemplo: Existirían 4 grupos por curso
Mes1 Mes2 Mes3 Mes4 Mes5 Mes6 Mes7 Mes8
CHUS A+B C+D A+B C+D C+D A+B C+D A+B
CHUAC C A D B A C B D
CHUVI D B C A B D A C
Os “detalles” deste sistema son:
- O reitorado quere evitar pagar os autobuses (ou trens de darse o caso) para desprazarse á Coruña e Vigo.
- A opción b) aínda debe ser presentada ós departamentos, ó reitorado e ós hospitais para que den a súa opinión.
- A opción b) sería incompatible con realizar prácticas noutros hospitais.
- O feito de que se descentralice cada mes á metade dos estudantes podería permitir que un dos tres cursos de 2º ciclo non tivera que descentralizarse (6º).
Sobre a descentralización da docencia en 5º e 6º cursos:
Continuaríase so ca descentralización práctica.
O decanato ten a intención de continuar co sistema actual (que non coñece en profundidade) pero non se nega a negociar cambios.
Polo momento non se tratou o tema, pois estamos á espera do que se acorde para 4º (por se se pudieran aprobeitar ideas para os demais cursos) e ter mais datos para negociar sobre seguro.
ASEMBLEA o LUNS 28 ás 19:30 na Facultade de Medicina
lunes, 7 de marzo de 2011
Descentralización: NOVA REUNION
Aviso da ALEM:
Logo da Asemblea da pasada semana na que finalmente so se falou do que será a descentralización de 4º do próximo curso (agradecemos a asistencia de persoas de outros cursos), decidiuse que en vista de que o que se acorde para o próximo curso se estenderá tamén ó seguinte é necesario informar e facer partícipes do tema ós estudantes de 2º curso como último curso no que se imparte a licenciatura e que polo tanto se verá implicado no proceso tal e como se plantexa agora.
Así, convócase Asemblea informativa sobre a descentralizaciónespecialmente dirixida para os estudantes de 2º curso (aberta a calquera estudante) oxoves 10 de marzo ás 18:45 na que os representantes de estudantes e delegados que forman parte da Comisión de baremo da descentralización expoñerán todas as variantes saídas da asemblea da pasada semana.
Para os demais cursos seguiremos tentando asegurar a máxima información posible, por parte do decanato coma do reitorado.
Ademais, para facernos unha idea da demanda que podería existir en TODOS os cursosde facer as so prácticas nos hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra gustaríanos que todos os interesados enviaran un correo-e co asuntooutros hospitais a descentralizacionmedicina@gmail.com indicando nome, DNI, curso ehospital.
Unha vez teñamos uns datos aproximados de demanda trataremos o tema co Decanato e, o mais importante, ca Consellería de Sanidade, o principal obstáculo para que se realice.
Un saúdo, ALEM
sábado, 26 de febrero de 2011
Descentralización
Pasaronme o seguinte documento para que volo comunicara:
Santiago de Compostela a 24 de febreiro 2011
Estimados compañeiros,
Trala solicitude do decano para constituir a Comisión asesora do baremo de descentralización, esta mañá ás 10:30 aproximadamente, reunímonos Olaya (Delegada do Grupo I de 3º), Teixo (Delegado do Grupo II de 3º), Alberto (ALEM), Montse (ALEM), Tania (Comités) e Andrés (ME.I.GA.).
O obxetivo desta comisión é establecer un baremo xusto e transparente para todos os estudantes que no curso académico 2011-2012 vaian comenzar o segundo ciclo universitario da licenciatura de Medicina.
Tralo acordo común, para poder presentarlles a situación como se debe, queremos convocar unha asemblea informativa o próximo:
Martes 1 de Marzo 2011 ás 18:30 na aula 8
Nesta asemblea queremos expoñerlles toda a información que recibimos e cal vai ser o noso plan de acción para esta tarefa.
De aquí a aló, o noso traballo será preparar a exposición o mellor posible e de solicitar tanto o salón, como a colaboración dos profesores con clases a esas horas. A razón deste horario é para dispor do tempo para facer as cousas ben; explicar todo o necesario.
Polo voso lado, ata o momento da reunión, rogámosvos dúas cousas:
• En primeiro lugar, un máximo de tranquilidade. Estamos nunha fase de propostas, non de decisións e actualmente non hai ninguén na facultade de medicina coa información suficiente ou coa autoridade para poder dar detalles xa que é un proxecto vivo e activo. O que lles podemos garantizar é que, como comisión, temos previsto escoitar opinións e usar todos os medios necesarios para que esta proposta sexa o máis realista posible e o máis adaptada a todos os estudantes implicados.
• En segundo lugar, pedimos un máximo de presenza en dita reunión; dispostos a escoitar e a botarnos unha man con esta gran labor. É unha primeira reunión na cal o único que queremos é presentarnos, informar, explicar cómo temos previsto traballar, cales son os nosos factores limitantes e, se é posible, comezar a escoita de opinións. Nada máis.
Por último, parécenos importante resaltar que é un esforzo que temos que facer en conxunto. Empregaremos todos os medios das diferentes asociacións e dos blogs de clase para comunicar información e os diferentes avances. Eso sí, decidimos facer comunicacións como comisión e, para evitar problemas de comunicación, farémolo de forma conxunta. Unha vez que os seis esteamos informados e de acordo coa información a transmitir comunicarémosvola. A razón non é para filtrar información, todo o contrario. Podemos garantizarvos que todo o que saibamos saberédelo. Pero visto o delicado que é este tema para todos e o fácil que é facer malas interpretacións, decidimos actuar desta maneira.
Na espera de vervos na reunión mandámosvos un saúdo.
Atentamente,
A comisión asesora do baremo de descentralización
martes, 22 de febrero de 2011
Mensaxe de ALEM
Dende o decanato comunicáronnos que para o curso 11-12 haberá descentralización da docencia teórica para o 4º curso de licenciatura, pero non temos mais detalles, nin en que centros nin en que condicións.
Ademais, convocousenos a unha reunión o próximo xoves para constituir unha comisión asesora de baremación da descentralización (petición da ALEM dende o comezo do "problema" da descentralización) á que asistiremos Alberto e Montse como representantes da ALEM (requisito "imposto" que un de nós fose da Coruña ou de Vigo), 1 representante de Meiga, 1 representante de Comités e os 2 delegados de 3º.
Descoñecemos que se vai tratar na reunión mais alá da creación da comisión que se encargará de establecer o baremo para a elección dos estudantes descentralizados.
Así, para dar toda a información que se nos facilite na reunión e tomar as decisións pertinentes, convócase Asemblea da ALEM para o martes 1 de marzo ás 19:00 na facultade de medicina (aula por determinar). Coma sempre, están invitados a asistir todos os estudantes que o desexen, polo que pregamos a máxima difusión da convocatoria e recomendamos a asistencia á asemblea, pois non enviaremos correo electrónico con resumo da reunión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)