Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

sábado, 26 de febrero de 2011

Descentralización

Pasaronme o seguinte documento para que volo comunicara:


Santiago de Compostela a 24 de febreiro 2011

Estimados compañeiros,

Trala solicitude do decano para constituir a Comisión asesora do baremo de descentralización, esta mañá ás 10:30 aproximadamente, reunímonos Olaya (Delegada do Grupo I de 3º), Teixo (Delegado do Grupo II de 3º), Alberto (ALEM), Montse (ALEM), Tania (Comités) e Andrés (ME.I.GA.).

O obxetivo desta comisión é establecer un baremo xusto e transparente para todos os estudantes que no curso académico 2011-2012 vaian comenzar o segundo ciclo universitario da licenciatura de Medicina.

Tralo acordo común, para poder presentarlles a situación como se debe, queremos convocar unha asemblea informativa o próximo:

Martes 1 de Marzo 2011 ás 18:30 na aula 8

Nesta asemblea queremos expoñerlles toda a información que recibimos e cal vai ser o noso plan de acción para esta tarefa.

De aquí a aló, o noso traballo será preparar a exposición o mellor posible e de solicitar tanto o salón, como a colaboración dos profesores con clases a esas horas. A razón deste horario é para dispor do tempo para facer as cousas ben; explicar todo o necesario.

Polo voso lado, ata o momento da reunión, rogámosvos dúas cousas:
                En primeiro lugar, un máximo de tranquilidade. Estamos nunha fase de propostas, non de decisións e actualmente non hai ninguén na facultade de medicina coa información suficiente ou coa autoridade  para poder dar detalles xa que é un proxecto vivo e activo. O que lles podemos garantizar é que, como comisión, temos previsto escoitar opinións  e usar todos os medios necesarios para que esta proposta sexa o máis realista posible e o máis adaptada a todos os estudantes implicados.
                En segundo lugar, pedimos un máximo de presenza en dita reunión; dispostos a escoitar e a botarnos unha man con esta gran labor. É unha primeira reunión na cal o único que queremos é presentarnos, informar, explicar cómo temos previsto traballar, cales son os nosos factores limitantes e, se é posible, comezar a escoita de opinións. Nada máis.
Por último, parécenos importante resaltar que é un esforzo que temos que facer en conxunto. Empregaremos todos os medios das diferentes asociacións e dos blogs de clase para comunicar información e os diferentes avances. Eso sí, decidimos facer comunicacións como comisión e, para evitar problemas de comunicación, farémolo de forma conxunta. Unha vez que os seis esteamos informados e de acordo coa información a transmitir comunicarémosvola. A razón non é para filtrar información, todo o contrario. Podemos garantizarvos que todo o que saibamos saberédelo. Pero visto o delicado que é este tema para todos e o fácil que é facer malas interpretacións, decidimos actuar desta maneira.

Na espera de vervos na reunión mandámosvos un saúdo.

Atentamente,

A comisión asesora do baremo de descentralización

No hay comentarios:

Publicar un comentario