Benvidos ao blog da xeración do 2009 ao 2015 da licenciatura de medicina (grupo III) da USC

Este blog servirá sobre todo para notificar avisos ou para recibir queixas sobre problemas que teñan lugar ao longo do curso.

martes, 22 de febrero de 2011

Mensaxe de ALEM


Dende o decanato comunicáronnos que para o curso 11-12 haberá descentralización da docencia teórica para o 4º curso de licenciatura, pero non temos mais detalles, nin en que centros nin en que condicións.
 
Ademais, convocousenos a unha reunión o próximo xoves para constituir unha comisión asesora de baremación da descentralización (petición da ALEM dende o comezo do "problema" da descentralización) á que asistiremos Alberto e Montse como representantes da ALEM (requisito "imposto" que un de nós fose da Coruña ou de Vigo), 1 representante de Meiga, 1 representante de Comités e os 2 delegados de 3º.
Descoñecemos que se vai tratar na reunión mais alá da creación da comisión que se encargará de establecer o baremo para a elección dos estudantes descentralizados.
 
Así, para dar toda a información que se nos facilite na reunión e tomar as decisións pertinentes, convócase Asemblea da ALEM para o martes 1 de marzo ás 19:00 na facultade de medicina (aula por determinar). Coma sempre, están invitados a asistir todos os estudantes que o desexen, polo que pregamos a máxima difusión da convocatoria e recomendamos a asistencia á asemblea, pois non enviaremos correo electrónico con resumo da reunión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario